As marionetas son o complemento perfecto para acompañar a narración das historias, estimulan de forma fascinante a capacidade de atención dos máis pequenos, axúdanlles a imaxinar, e cando van medrando, interactúan con elas creando as súas propias historias e xogos simbólicos.
Algúns contos levan incorporadas as súas propias marionetas, pero se non é así podemos confeccionalas dun xeito caseiro e con material reciclado, xa que o bebé non precisa de obxectos súpersofisticados, nin de grandes cousas nin de grandes marcas. Ademais gozaremos dun momento máxico e especial cando dunha folla de papel saia un gran barco pirata, porque o máis importante é compartir o tempo e o xogo en familia, que abre a porta á imaxinación e á creatividade.
Nestas primeiras sesións acompañáronnos os animais da granxa, oito comecocos que, cun pouco de imaxinación, transformámolos en simpáticas personaxes; dous calcetíns que fixeron de Coc e Lulú enroláronse na busca dun tesouro; e unha araña negra de ollos grandes que botou da súa tea a un elefante e aos seus amigos, confeccionados con pinzas da roupa.
Podedes ver na galería Flickr das Bibliotecas Municipais unha mostra fotográfica das sesións do mes de outubro na Biblioteca Fórum.
Xenial compis! 😜
Graciñas!! 😉
Noraboa polo traballo! O vídeo moi moi chulo!
Agradecidas! 😉
Uno de los mejores bebencontros a los que hemos asistido. Profesionales de 10, aman su trabajo y se nota. Mis felicitaciones!!!!
Muchas gracias por tus felicitaciones! Este tipo de comentarios nos ayudan a seguir trabajando, si cabe, con más ilusión.
Pues seguir asi porque sois geniales. A mi niña le encantan y queda alucinada mirando como contais los cuentos. Alma os manda 😘😘😘
Pues claro k si. Mi niña va encantada y queda alucinada de como contais los cuentos, las marionetas, las canciones….todo!!!
Alma os manda 😘😘😘😘