Hai uns días convidabámosvos, a grandes e a pequenos, á Biblioteca Os Rosales a gozar da experiencia da boa música en directo. No momento que Silvia Penide e Carla López entraron pola porta, a maxia chegou. As emocións foron xurdindo, a música, as palabras, as voces, as miradas, os sorrisos…
Desde o principio da actuación sentimos que algo do seu interior espertaba, que é o corazón o que canta, o que narra palabras bonitas, o que toca… E foi contaxioso.
Vivimos momentos de participación, momentos de silencios, de risas e de bágoas contidas de emoción e, ao final non puidemos evitar a necesidade de achegarnos a elas para mostrar agradecemento e para preguntar: Pódoche dar un abrazo?
Para ver máis fotos do encontro pica AQUÍ
Deixar unha resposta