
O próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, teremos unha celebración moi especial na de Monte Alto: recibiremos a Migallas Teatro nun encontro para familias con nenos e nenas de 2 e 3 anos. Con eles cantaremos, bailaremos e escoitaremos unhas historias fantásticas. Deixádevos contaxiar pola alegría de Migallas e reservade a vosa praza na páxina web das bibliotecas.
As visitas de Migallas Teatro ás bibliotecas son sempre garantía de diversión para grandes e pequenos. Non vos perdades esta festa de contos e música o vindeiro mércores ás 6 da tarde. Esperámosvos!
Deixar unha resposta