Durante estos días son moitas as familias que se achegan á biblioteca na procura de contos para celebrar o Samaín, polo que pensamos que vos podería interesar esta pequena selección con algúns dos nosos favoritos.
Comezamos coñecendo un pouco da tradición galega con O noso Samaín de Loretta Birott Bermejo con ilustracións de Nuria Valdeón e O Samaín, libro de imaxes ilustrado por Jacobo Fernández, ambos os dous editados por Galaxia.
Poñemos algunha canción de fondo como No Samaín de Paco Nogueiras, que co seu cedé Brinca Vai ameniza a festa e Samaín de Uxía Lambona e a Banda Molona, do cedé A bailar coma tolos. E ata podemos animarnos e facer unha obra de teatro! como Indo para o Samaín de Carlos e Sabela Labraña.
Para as nenas e nenos máis pequenos recomendámosvos a canción popular Chumba la cachumba que recolle a editoral Ekaré e por suposto Corre corre cabaciña, escrito por Eva Mejuto a a partires dun conto tradicional portugués, con ilustracións de André Letria e que edita OQO.
Se o que buscades son contos de medo, pero que deixen durmir non perdades ningún dos seguintes títulos:
Non pode faltar nesta selección a colección O baúl dos monstruos de Enric Lluch, formada por dez títulos nos que os protagonistas son os seres máis terribles que poidamos imaxinar… ou non?
As bruxas tampouco poden faltar, pois nestas datas saen todas a pasear.
Lembra que podes atopar estes títulos e moitos máis nas Bibliotecas Municipais da Coruña, dende aquí podes acceder ao catálogo
Deixar unha resposta