Como cada ano, as bibliotecarias queremos que entre os vosos agasallos de nadal non falten os libros, por iso elaboramos para vos a nosa guía de “Historias de regalo” onde recollemos unha escolma dos libros que destacamos para as diferentes idades; os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos en todas as nosas bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas estas propostas.
Desexamos facilitarche a tarefa de escoller en función de gustos, intereses, preferencias, formatos… Visita a biblioteca municipal de proximidade do teu barrio, pérdete na nosa exposición “Historias de regalo” e atopa ese libro, disco ou DVD co que sorprender nestas datas.
Para os mais cativos, os prelectores, propoñemos:
E se as vosas crianzas xa saben ler, estas suxestións seguro que serán ben recibidas:
Sen esquencernos do cómic, a banda deseñada que tantos bos ratos nos fan pasar:
E para os mais maiores consultade a guía de lectura que conten propostas de música, cine, literatura, poesía, etc…. Cremos que esta guía che axudará a atopar pequenos tesouros para agasallar nestas festas de Nadal.

Lembra, este Nadal parada obligada… AS BIBLIOTECAS! E se queres propoñer algunha lectura podelo facer nas redes sociais empregando #recomendamosBMC
Deixar unha resposta