Nestes tempos de confinamento a lectura volvese un dos maiores aliados para loitar contra o aburremento e a desidia, e se falamos da xente miúda, aínda máis. Os contos son das mellores menciñas que podemos tomar para viaxar, sen sair da casa, e os contacontos unha das xoias do entretenemento.
Por iso, inauguramos unha nova actividade telemática, a que asistiredes respetando o #quedateencasa; as nosas bibliotecarias, tamén dende a casa, tras buscar entre os contos que teñen nas súas estanterias, lanzanse a contar contos de pantalla a pantalla.
Tomade nota, de luns a venres, ás 18.00 nas nosas redes sociais: facebook, twitter e instagram: As bibliotecarias contan.