Estes días, que non podemos estar na biblioteca, as bibliotecarias de CantoConto! estrañamos moito ás nosas familias cantocontistas.
Pensamos que era un bo momento para botar man da memoria e lembrar algún conto de sesións pasadas de CantoConto! Que vos parece se facemos unha sesión virtual chea de lembranzas? Imos aló!
Antes de nada, pedirvos desculpas pola calidade dos vídeos: foron gravados para uso das compañeiras de CantoConto!, non coa intención de ser publicados.
Como non podía ser doutro xeito, comezamos a sesión de hoxe coa canción de Pablo Díaz ‘Imos contar un conto’ incluída no seu disco “Tic Tac”, que nos di como debemos estar para pasalo ben escoitando os contos.
A continuación, a nosa amiga Emma, vai ter que ser moi silandeira para contarnos o primeiro conto que é de Chris Haughton e chámase “¡Shhh! Tenemos un plan“.
Agora, veñen as nosas amigas Carola e Merce que se van mergullar no fondo de mar para contarnos o conto de Nadarín de Leo Lionni, a ver a cantos peixiños atopan.
E para rematar, temos un conto moi apropiado para está época de confinamento que nos fala dos virus que temos nas mans e da importancia de lavalas. Escoitade a Emma contar o conto de Para nada sucias de Wanja Olten e Manuela Olten.
E falando de lembranzas, hai unha cantiga que nos fai recordar, Que fixeches e onde estiveches! do disco de Migallas “Canta Connosco”
Na conta de YouTube das bibliotecas poderedes atopar máis recursos empregados nas sesións que xa fixemos en CantoConto!
Lembrade que podedes prestarvos contiños a través da plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe.
Un saúdo e ata pronto amigos e amigas, e #QuedaNaCasa
Deixar unha resposta