Neste mundo dixital no que vivimos, ás veces esquecemos o marabilloso de aprender cos sentidos. As crianzas máis pequenas están descubrindo o mundo e temos moitísimas cousas ao noso redor para estimular e axudar ao seu desenvolvemento.
Hoxe presentámosvos unha escolma de actividades sinxelas que podedes realizar na casa, cas que gozaredes vos e as vosas crianzas descubrindo sabores, aromas, cores, texturas,…
É importante ter en conta que a maioría destas actividades emporcallan un pouco, por iso é preciso poñer roupa cómoda e algo para non manchar moito o chan.
E, alá vamos!!!
Comezaremos coa expresión artística!! Imos utilizar dúas técnicas diferentes de pintar, e precisaremos colorante alimenticio.
Materiais: iogur natural, cuncas, cartón con forma e colorantes alimenticios.
Como facer: Mesturar nas cuncas iogur e diferentes cores de colorante, o cartón con forma será o noso lenzo. Poden pintar coas mans, os pes, e se vai a boca non ten problema, xa que é comestible!!
Materiais: auga, cubeta de xeo, paus de madeira, colorante alimenticio, como lenzo podemos usar dende papel ata unha superficie plástica.
Como facer: Nesta ocasión coloreamos a auga e a poñenos na cubeta de xeo cun pau. Metémola ao conxelador e cando estea, conxelado xa teremos as pinturas listas. Tamén podemos engadir algunha flor para que sexa aínda máis bonito.
Agora, unha arqueoloxía caseira!!! É un xogo moi divertido, que esperta a curiosidade dos pequenos e pequenas xogando coas texturas, co descubrimento…e atopamos grandes tesouros.
Materiais: cunco, fariña, diferentes materiais para agochar na fariña (flores, xoguetes, pezas de madeira, follas…) un coador e unha cunca. Cos máis grandes podemos usar unha brocha ou pincel.
Como facer: Agora imos comezar a nosa incursión arqueolóxica!!! Todo listo!! Podemos facelo de diferentes maneiras, deixalos investigar acompañándoos, ou guiar o xogo, mostrando como teñen que facer co coador, ou co pincel.
Estas son algunas ideas que podedes poñer en práctica na casa.
E velai vai unha escolma de libros que ampliará o voso ideario de xogo.
Na plataforma de préstamo de libro dixital GaliciaLe podedes atopar:
Pero non esquezades que nas Bibliotecas Municipais temos miotísimas cousas para poder xogar cos sentidos, idear novos xogos, experimentar, fomentar a curiosidade…
Para rematar vos deixamos unhas ligazóns de blogs moi interesantes, que sempre está ben un pouco de axuda e ver como funciona na práctica.
https://www.creciendoycriando.com/category/juego-y-materiales/
https://www.mamaextraterrestre.com/category/a-jugar-2/
https://www.instagram.com/ene_azk/?hl=es
Deixar unha resposta