A música é un medio de expresión universal, transmite emocións, fomenta a memoria, a atención e a concentración, e ademáis é un goce marabilloso, a quen non lle gusta a música? E se escoitala aporta tantos beneficios dende a infancia, deixarse levar por ela e bailar ten aínda máis beneficios.
Bailar axuda a canalizar a adrenalina, mellora o estado de ánimo, axuda a xestionar as emocións, induce á alegría e o positivismo. Deixarse levar bailando axuda a conectar cun mesmo, pero tamén cos demais. E case sempre fai que apareza un sorriso na nosa cara.
Ademais, bailando traballamos o equilibrio, a coordinación, facemos traballar a musculatura… Que máis se pode pedir?
Por iso é imporante non esquecer a música e o baile nestes tempos nos que máis ca nunca precisamos ser optimistas, sentir certa liberdade e conectar coa familia. E nós queremos agasallarvos cun pouco de música, alegría e baile con esta pequena escolma de librodiscos infantís que podedes atopar na plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe
Non esquezades que nas Bibliotecas Municipais temos estes e moitos máis, para cando volvan a abrir as portas da vosa Biblioteca.
Aquí tedes algúnhas canles de youtube interesantes para continuar a escoitar música, bailar e xogar.
https://www.youtube.com/user/sonarboretv
https://www.youtube.com/channel/UCEKloDbkFXeUmwDHMTG95lQ
https://www.youtube.com/channel/UCIjBeJHTOCg3ePgCPXgx-sQ
https://www.youtube.com/channel/UCUd4p5q1RctezprJuep6TWA
https://www.youtube.com/channel/UCQuyP5-ZbLvkgAdaOG3YegQ
#quedanacasa #euficonacasa #corunaencasa
Deixar unha resposta