Este ano comezámolo con frío e fortes nevaradas en cotas insólitamente baixas. Para afrontar esta tempestade co noso bebé debemos ter en conta algúns sinxelos consellos para protexer aos pequenos do frío e así romper con algúns dos mitos que circulan sobre él.
“O frío non é o inimigo das defensas dos nenos é tan só unha situación climatolóxica”.
1.- Durante os meses de frío hai que evitar abrigar de maneira excesiva ao bebé como tamén evitar mantelo en lugares coa calefacción moi elevada que lle poidan provocar un sobrequecemento corporal.
2.- É importante non expoñer ao lactante a bruscos cambios de temperaturas.
3.- Na contorna do bebé hai que manter unha temperatura constante que rolde os 20º e un nivel de humidade do 50%.
4.- A temperatura corporal do bebé debe controlarse na caluga e no pescozo.
5.- É mellor vestir ao neno/a con varias capas cando vai frío, que non cunha soa capa moi grosa. Deste xeito, se o pequeno ten calor, pode sacar unha capa.
6.- É aconsellable que leven gorro, xa que a cabeza é a parte do corpo pola que se perde máis calor.
E non hai mellor maneira para escorrentar o frío que poñendo en práctica cos vosos bebés a rima en movemento que nos propón Tamara Chubarovsky para este mes de xaneiro. Beba desde que a aprendeu pasa o día repetíndoa.
Outro xeito para escorrentar o frío é coller ao teu bebé no colo, apertalo ben, e entrar en calor descubrindo as historias destes contos que vos recomendamos e que están dispoñibles na biblioteca.
AGARDÁMOSVOS!
Deixar unha resposta