Bo Nadal!


O Nadal é unha época de agasallar e pasar tempo coa familia, desfrutar das amizades, compartir… por iso, desde a Biblioteca Fórum queremos transmitir valores que van máis alá do material. A continuación, vos deixamos un decálogo no que poderedes atopar opcións de lectura e cinema para aproveitar o tempo libre de Nadal cos vosos seres queridos.

1.- CONTANDO NA COCIÑA: Unha historia é coma unha boa receita, mellora se é compartida.     

2.- SOFÁ E MANTIÑA: Se quere chover que chova. Xa temos plan.

3.- DOCES SOÑOS: Pecha os ollos e abre a porta a infinda imaxinación.

4.- PASEANDO POLA CIDADE: O que a cidade ensina e non sempre vemos.

5.- XOGANDO EN FAMILIA: A mellor maneira de aprender é xogando xuntas/os.

6.- EXPLORANDO A NATUREZA:  A túa contorna agocha cousas marabillosas, sae descubrilas.

7.- MÚSICA E PANXOLIÑAS:  Canta o máis alto que podas e baila ata caer sentada/o.

8.- UN NADAL DIFERENTE: E, coma sempre, incríble. Como cada unha/un de nós.

9.- CREANDO NOVOS XOGOS: A imaxinación é a nosa grande aliada.

10.- AS COUSAS QUE IMPORTAN: As mellores alegrías teñen forma de experiencias.

Realizaremos unha actividade de Nadal o vindeiro 21 de Decembro ás 18:00h, destinada a nenas e nenos e nenas de 4 a 6 anos. Na que os contaremos dous contos moi especiais que nos levarán a xogar coa participación das familias con risas e diversión aseguradas, remantando, como non podía ser de outra maneira, cunha panxoliña, interpretada entre todas/os nós nun pasarrúas.

Con esta actividade queremos descubrir formas de desfrutar o tempo libre do Nadal a través de xogos e contos que reflictan o espirito desta época tan especial.

As inscricións realizaranse na páxina web das Biblotecas Municipais da Coruña clicando na seguinte ligazón a partires do 14 de Decembro ás 10.00h.

Podedes consultar todo o que vos temos preparado desde as Bibliotecas Municipais para este Nadal e ademáis botarlle unha ollada á nosa guía de lectura onde vos recomendamos cine, cómics, contos e máis cousas que podedes aproveitar para coller ideas e facer algún agasallo nestas datas.

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑