Contos, música e… acción!!

O sábado pasado na sesión de Bebeteca de 1-2 anos fomos VERMELLOS, a cor da pasión inundou o noso modesto "rincón" e Aurora, Carolina, Naiara, Xoán, Xoel, Yago e os seus papis sorprendéronse do xogo que dá esta cor a través do conto de Iela Mari: Un globo vermello. As historias contadas a través de imaxes pódense descubrir de mil xeitos,... Seguir lendo →

Feliz Día a todas as Nais!

Chegou unha data moi agardada, o primeiro domingo do mes de maio, hoxe celebramos o Día da Nai. Miña nai, miña naiciña, como miña nai ningunha, que me quentou a cariña co caloriño da súa. Desde a Biblioteca do Forum Metropolitano querémonos achegar a esta data ofrecendo aos nosos usuarios na Sala Infantil unha mostra... Seguir lendo →

Reparto de invitacións para a próxima sesión de 1-2 anos… Somos vermellos!

Convidámosvos a asistir á derradeira sesión con pais e nenos o sábado 11 de maio de 2013 ás 18.30h. Lembrámosvos que as 6 invitacións as podedes recoller mañá sábado 4 de maio a partires das 10.00h. na Sala Infantil da Biblio do Forum. Nesta ocasión seremos VERMELLOS, e non faltarán as cancións, rimas, ... e,... Seguir lendo →

Os peques visitan a Beba

Este mes tivemos unhas visitas moi especiais na Sala Infantil da Biblio do Forum. Visitáronnos as escolas infantís: Galiña Azul de Cambre, Kid's Garden da Zapateira e Galiña Azul de Culleredo (Tartaruga). Viñeron coñecer á Bebeteca onde puideron atopar á nosa mascota Beba. E da man dos bibliotecarios descubriron moitos dos personaxes que agocha a Bebeteca: o... Seguir lendo →

Somos lilas, somos morados

Desde a Biblioteca do Forum Metropolitano queremos agradecer a participación na primeira sesión dos Bbencontros de 1-2 anos a: África, Ángel, Carmen, Fiume, Inés,  Nicolás  e as súas mamis, papis e avós. Agradecemos tamén o interese mostrado por moitas mamás e papás que quedaron fóra desta actividade. Pasámolo moi ben da man da nosa mascota Beba... Seguir lendo →

Somos Brancos – Somos Negros (sesión conxunta 0-1 e 1-2 anos)

Sesión emotiva e emocionante. Só temos verbas de agradecemento para os peques, papis e acompañantes que asistiron á sesión final desta actividade de Bebeteca. Nesta ocasión xuntámonos os máis pequenos de 0-1 anos e os maiores de 1-2 anos, fomos Brancos e Negros. Brancos representando á pureza e inocencia e Negros representando á cor asociada... Seguir lendo →

“Descubrindo Xuntos” Sesión Somos Azuis 1-2 anos

O pasado sábado tivemos na Bebeteca do Forum aos peques de 1-2 anos aprendendo os conceptos de GRANDE/pequeno na Sesión Somos Azuis. Escollimos o azul porque é unha cor relaxante e tranquilizadora que nos axuda a controlar a mente, ter claridade de ideas e ser creativos. Para que vexades o ben que o pasamos disfrutade... Seguir lendo →

A alimentación do bebé, como introducir as verduras.

Aproveitando que estes días van estar os peques na casa, querémosvos amosar unha páxina interesante sobre alimentación e recetas para bebés (PequeRecetas). Queremos resaltar un artigo sobre como introducir as verduras na alimentación dos pequenos, dieta fundamental no seu crecemento e fortalecemento. Lembrade que podedes consultar aquí o calendario das sesións da Bebeteca. Disfrutade desta... Seguir lendo →

“Descubrindo Xuntos” – Somos Vermellos sesión 1-2 anos

  Presentamos esta sesión coa cor vermella. Cor ligada á vitalidade, ao amor e á paixón, que aporta optimismo, coraxe e confianza nun mesmo. Desta vez seguimos a traballar os conceptos espaciais, concretamente Dentro/Fóra, para que os bebés empecen a explorar e identificar o medio que os rodea. Estas nocións trabállanse por pares de contrarios... Seguir lendo →

Somos Laranxas (sesión 1-2 anos do 10 de decembro de 2011)

Na sesión Somos Laranxas tratamos os conceptos de tronco, extremidades e movemento. E que mellor xeito que cantando! aprendimos a canción "El cuerpecito" e lembramos a da primeira sesión: "La carita". Para completar a sesión contamos dous contos: "Los diez amigos" para aprender os nomes dos dedos e "Muévase, señor Coc" para comprender o movemento... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑