Este mes tivemos unhas visitas moi especiais na Sala Infantil da Biblio do Forum. Visitáronnos as escolas infantís: Galiña Azul de Cambre, Kid’s Garden da Zapateira e Galiña Azul de Culleredo (Tartaruga).
Viñeron coñecer á Bebeteca onde puideron atopar á nosa mascota Beba. E da man dos bibliotecarios descubriron moitos dos personaxes que agocha a Bebeteca: o Señor Coc e a súa granxa, un becho moi estraño e protagonistas de moitas historias que encontramos nos contos.
Aos “maiores” de Kid’s Garden visitounos o noso paxaro azul, Ole, que vive na Biblioteca. E xuntos coñeceron as vogais. Coñecédelas vós? A, E , I, O, U.
Gustaríanos destacar o bo traballo das educadoras destas escolas infantís, que lles inculcan desde ben pequenos o amor polo máxico mundo dos contos. PARABÉNS!
Se queredes ver o ben que o pasamos podedes visitar a galería de fotos das Bibliotecas Municipais no Flickr.
Un lector no nace, se hace. Por eso, el amor a la lectura se debe inculcar desde la cuna y tratar, con perseverancia y dedicación para que se convierta en una sana pasión.
Deixar unha resposta