Lecturas para regalar aos máis cativos

Como cada ano, as bibliotecarias queremos que entre os vosos agasallos de nadal non falten os libros, por iso elaboramos para vos a nosa guía de "Historias de regalo"  onde recollemos unha escolma dos libros que destacamos para as diferentes idades; os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán... Seguir lendo →

Bebencontros para este curso 19/20

Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2019-2020 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura e os libros.... Seguir lendo →

50 anos dunha eiruga moi larpeira

Eric Carle (Siracusa, Nova York, 25 de xuño de 1929) escritor e ilustrador de libros infantís estadounidense e criado en Alemaña. Ilustrou máis de setenta libros, e vendeu 88 milleiros de copias. Este ano celébrase  o 50 aniversario da Pequena Eiruga Larpeira convertido en todo un clásico da literatura infantil. O libro amosa como unha... Seguir lendo →

Volve CantoConto

  Xa chegou, xa está aquí de volta CantoConto!!! Algún de vós xa gozou con algunha das sesiones de CantoConto o ano pasado, pero outros non, así que cativos e cativas que o ano pasado acudian ós bbencontros, tomade nota deste programa para dar continuidade a ese achegamento ao mundo dos libros e a lectura:... Seguir lendo →

Prende no colo: obradoiro didáctico

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do Programa Apego, organiza un obradoiro didáctico "Prende no colo" o vindeiro 10 de maio (17 h.) para familias con crianzas de 0 a 3 anos da man do músico, bailador e profesor de música e baile tradicional, Luís Prego. PRENDE NO COLO é o título... Seguir lendo →

Este Nadal, agasalla contos: Historias de regalo

Sabemos que regalar lecturas, música ou cine non é doado, implica pensar moito nos que o reciben, por iso, elaboramos para vos esta guia de lecturas que chamamos "Historias de regalo", os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos en todas as nosas bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas... Seguir lendo →

Contos que camiñan…

Entendemos o viaxar como unha forma de vida, como reconforte persoal que aporta novos traxectos cheos de coñecementos e experiencias, como fonte de desfrute e diversión que permite construir historias e fixar recordos inesquecibles. Acotío e dende as nosas bibliotecas tamén viaxamos, mais o facemos dun xeito diferente: a través dos libros. Eses contos infantís... Seguir lendo →

Somos Laranxas (sesión 1-2 anos do 10 de decembro de 2011)

Na sesión Somos Laranxas tratamos os conceptos de tronco, extremidades e movemento. E que mellor xeito que cantando! aprendimos a canción "El cuerpecito" e lembramos a da primeira sesión: "La carita". Para completar a sesión contamos dous contos: "Los diez amigos" para aprender os nomes dos dedos e "Muévase, señor Coc" para comprender o movemento... Seguir lendo →

Descubrindo Xuntos 1-2 anos

Comezamos as sesións adicadas aos "maiores" da bebeteca, os de 1-2 anos dentro do programa "Descubrindo Xuntos". Divertímonos xuntos coa música e coa, xa famosa, canción da "Carita". Contamos o conto "Caritas Divertidas" de Nicola Smee para comprobar as caritas graciosas que poden chegar a ter os peques e tamén os seus pais. Pasámolo en... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑