Eric Carle (Siracusa, Nova York, 25 de xuño de 1929) escritor e ilustrador de libros infantís estadounidense e criado en Alemaña. Ilustrou máis de setenta libros, e vendeu 88 milleiros de copias. Este ano celébrase o 50 aniversario da Pequena Eiruga Larpeira convertido en todo un clásico da literatura infantil. O libro amosa como unha diminuta eiruga ,que come sen parar, transfórmase nunha fermosa bolboreta pola maxia da naturaleza.

Desde a bebeteca da Biblioteca do Fórum Metropolitano quixemos sumarnos a esta celebración da mellor maneira posible, contando esta preciosa historia nas nosas sesións de bebencontros. Os bebés responden con suma atención á transformación que sofre esta diminuta eiruga.
Eric Carle é moito máis ca un ilustrador e escritor. Os seus libros combinan arte e natureza; infancia e sabedoría. Ademais deste exitoso libro podedes atopar outros contos deste autor nas Bibliotecas Municipais.
Se queredes ver un resumo do que fixemos nas últimas sesións de Bebencontros na Biblioteca Fórum, podedes desfrutar do material gráfico que temos na galería Flickr das Bibliotecas Municipais.
Deixar unha resposta