Chove…

A falta de BbEncontro o pasado sábado, Beba quixo recitarvos un poema titulado "El coro" de Ana María Romero e Alberto Urcaray, do seu poemario "Columpio de versos" editado por Brosquil en 2006. Nestes días de chuvia podédesllo recitar aos vosos cativos! https://youtu.be/oO0pmh5a-IM El coro Llueve en la ventana-Chip, chip, chip, chip, chip,hace el agua... Seguir lendo →

Beba’s menú

O sentido do gusto desenvólvese moi pronto no bebé, a partir do quinto mes de embarazo o feto inicia a educación das súas papilas. Segundo o que come a nai, o bebé descobre as diferenzas de sabor entre o doce, o salgado, o amargo e o acedo. Pero debemos seguir aos poucos ampliando a súa... Seguir lendo →

Beba celebra o Día da Biblioteca

O pasado sábado 24 de outubro foi o Día da biblioteca, e xa que non puidemos realizar o Bebencontro, Beba quixo celebrar virtualmente con vós ese día tan sinalado. Gravámosvos un poema de Antonio García Teijeiro da súa obra Lueiro de papel, agardamos que vos guste, familias! https://www.youtube.com/watch?v=Rs5zPr6Op7s “Una biblioteca es como una segunda casa... Seguir lendo →

Viaxar en familia, unha fermosa experiencia

Viaxar en familia é unha experiencia que vai enriquecer tanto aos máis pequenos como aos adultos. Vai permitir fortalecer os vínculos entre pais e fillos, desenvolver a imaxinación e crear un pouso de coñecementos na memoria. Viaxar desde unha idade temperá conleva aprender a respectar aos demais, abrir a mente, practicar a tolerancia, respectar a... Seguir lendo →

Xogando coa Natureza

Despois destes meses complicados, este verán e coa nova normalidade, temos  a oportunidade de gozar da natureza co noso bebé resultando unha experiencia vital para eles. A natureza coas súas diferentes cores, sons, cheiros e texturas proporciónalles cantidade de estímulos para as súas neuronas, para as súas emocións e para a súa aprendizaxe. Como sostiña... Seguir lendo →

GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS VERÁS QUE VERÁN

Case sen darnos conta chegou de novo o verán, unha das épocas favoritas de moita xente: o sol, os días longos, o cheiro a mar, a bosque, as sardiñas, o churrasco, a música dos festivais e as verbenas… Moitos plans por cumprir e moitos días por diante para realizalos.  Sen dúbida, e máis que nunca,... Seguir lendo →

Despedimos a temporada dos Bbencontros en moi boa compañía

Como todos os anos, rematamos o programa de Bebencontros cunha actividade especial para tod@s vós. Nesta ocasión, convidamos o pasado sábado 20 de xuño a Raquel Penín coa participación de Tamara Chubarovsky a falarnos de “Psicoloxía evolutiva, aprendizaxe e ritmo. Rimas con movemento”. Tamara Chubarovsky define as Rimas con movemento® como simples e efectivas, como... Seguir lendo →

A palabra, un agarimo para o bebé

Hoxe é a gran festa da Lingua Galega e desde as Bibliotecas Municipais unímonos a esta celebración cunha campaña que se está a celebrar desde o  día 11 empregando o cancelo #DesconfinarALingua. E que mellor maneira de desconfinar a lingua que a través da melodía suave e doce da poesía, transmisora das palabras primeiras. Os... Seguir lendo →

AO PASO DOS VERSOS

Hoxe día 29 de Abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Establecido pola Unesco hai máis de trinta anos co obxectivo de atraer a atención sobre esta arte, son moitas as institucións, axentes sociais, organismos e particulares que adican parte do seu tempo ou da súa programación á difusión deste medio de expresión. As Bibliotecas... Seguir lendo →

As mans e os dedos para xogar e contar

Ademais da narración oral e a narración con apoio do libro, existen outras técnicas para contar. As historias poden ser narradas de infinitas maneiras. Elixir a maneira de contar depende das ganas de variar e experimentar que teñamos. Hoxe presentámosvos unha receita moi fácil de facer. Utilizar as MANS e os DEDOS para xogar e... Seguir lendo →

Como maridar confinamento con bebés e teletraballo

O tempo de confinamento na casa por causa da pandemia do coronavirus alongarase, como mínimo, quince días máis. Se mesturamos un pouco de humor, organización de rutinas e moita dose de paciencia, todo sairá ben! Manter a calma para favorecer un ambiente o máis tranquilo posible no seo familiar é fundamental, do mesmo xeito que... Seguir lendo →

A un mal virus un bo conto

Estes días estamos a vivir un pesadelo real que pensabamos que sò podìa ocorrer nun conto de ciencia ficciòn. Os máis pequenos  teñen en casa o que máis precisan para o seu desenvolvemento, aos seus pais, pero son capaces de percibir os cambios que se están producindo nas súas familias polo confinamento. Por iso  é fundamental que no... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑