O pasado sábado 24 de outubro foi o Día da biblioteca, e xa que non puidemos realizar o Bebencontro, Beba quixo celebrar virtualmente con vós ese día tan sinalado. Gravámosvos un poema de Antonio García Teijeiro da súa obra Lueiro de papel, agardamos que vos guste, familias! https://www.youtube.com/watch?v=Rs5zPr6Op7s “Una biblioteca es como una segunda casa... Seguir lendo →
Recursos para este outono
Desde a Biblioteca Fórum Metropolitano queremos compartir unha serie de recursos que agardamos vos sexan de utilidade durante este outono. Comezaremos coa rima “Un baño de estrellas” de Tamara Chubarovsky que, para estes momentos en que o contacto se nos ten prohibido, pode servirnos para fortalecer os lazos afectivos mantendo a distancia de seguridade. Tamara... Seguir lendo →
Novidades de outono na Biblioteca Fórum
Xa no outono, e, inda que Beba tiña moitas ganas de comezar, imos ter que agardar uns meses para vernos de novo. A situación xerada polo Covid-19 obríganos a retrasar o comezo desta actividade por seguridade para tod@s. Agardamos que coas nosas precaucións e sentido común vaiamos poñendo freo a esta pandemia e, de novo,... Seguir lendo →
Viaxar en familia, unha fermosa experiencia
Viaxar en familia é unha experiencia que vai enriquecer tanto aos máis pequenos como aos adultos. Vai permitir fortalecer os vínculos entre pais e fillos, desenvolver a imaxinación e crear un pouso de coñecementos na memoria. Viaxar desde unha idade temperá conleva aprender a respectar aos demais, abrir a mente, practicar a tolerancia, respectar a... Seguir lendo →
Xogando coa Natureza
Despois destes meses complicados, este verán e coa nova normalidade, temos a oportunidade de gozar da natureza co noso bebé resultando unha experiencia vital para eles. A natureza coas súas diferentes cores, sons, cheiros e texturas proporciónalles cantidade de estímulos para as súas neuronas, para as súas emocións e para a súa aprendizaxe. Como sostiña... Seguir lendo →
Lotes con lecturas para ler en familia este verán.
Ola familias! Ben sabedes que este verán vai ser diferente do que nos imaxinabamos hai uns meses. Pero hai cousas que non cambian, e unha delas é o gusto pola lectura no noso tempo libre. Con todo, o acceso ás bibliotecas municipais non é todo o doado que nos gustaría, e coidamos que levar préstamo... Seguir lendo →
GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS VERÁS QUE VERÁN
Case sen darnos conta chegou de novo o verán, unha das épocas favoritas de moita xente: o sol, os días longos, o cheiro a mar, a bosque, as sardiñas, o churrasco, a música dos festivais e as verbenas… Moitos plans por cumprir e moitos días por diante para realizalos. Sen dúbida, e máis que nunca,... Seguir lendo →
A palabra, un agarimo para o bebé
Hoxe é a gran festa da Lingua Galega e desde as Bibliotecas Municipais unímonos a esta celebración cunha campaña que se está a celebrar desde o día 11 empregando o cancelo #DesconfinarALingua. E que mellor maneira de desconfinar a lingua que a través da melodía suave e doce da poesía, transmisora das palabras primeiras. Os... Seguir lendo →
Desconfinando a lingua: Os contos favoritos da biblioteca Fórum
As bibliotecarias da biblio infantil do Forum, co gallo do Día das Letras Galegas, preguntámonos cales son os nosos contos, de autorxs galegxs e/ou escritos en galego, favoritos. Eses que contamos mil e unha veces e que quedaron gravados para sempre nos nosos corazóns. Eses que lograron conquistarnos pola súa temática, que nos fixeron estar... Seguir lendo →
A bailar!
A música é un medio de expresión universal, transmite emocións, fomenta a memoria, a atención e a concentración, e ademáis é un goce marabilloso, a quen non lle gusta a música? E se escoitala aporta tantos beneficios dende a infancia, deixarse levar por ela e bailar ten aínda máis beneficios. Bailar axuda a canalizar a... Seguir lendo →
Xogando cos sentidos!
Neste mundo dixital no que vivimos, ás veces esquecemos o marabilloso de aprender cos sentidos. As crianzas máis pequenas están descubrindo o mundo e temos moitísimas cousas ao noso redor para estimular e axudar ao seu desenvolvemento. Hoxe presentámosvos unha escolma de actividades sinxelas que podedes realizar na casa, cas que gozaredes vos e as... Seguir lendo →
Aprender xogando: recursos para nais e pais, 4
A estas alturas, poida que as familias xa fariades uso de todos ou case todos os recursos que vos ofrecemos durante este período de confinamento para ter entretidas ás vosas crianzas e aprender con elas. Pero non vos preocupedes que hoxe, aínda que xa estamos có plan de desescalada, traemosvos unha selección con diferentes recursos... Seguir lendo →