100 %


Gústanos, defendemos, gozamos, experimentamos e compartimos a LECTURA porque LER FAI QUE… pensemos, riamos, desexemos compartir, nos sorprendamos, miremos máis aló, exploremos novos mundos, soñemos, nos emocionemos e sexamos 100 % felices!

E para contribuír, aquí estamos nós: espazos cheos de contos e fantasía, de libros e realidade. Para soñar, para afastarnos da realidade e para divertirnos!

As bibliotecas apostamos por recomendacións pracenteiras e procuramos mediar co noso público miúdo suxeríndolle propostas bibliográficas con amplitude de visións e opcións para elixir dun xeito autónomo e libre. Diversas en autoras/es, sen prescindir dos clásicos de sempre e coa suma das/os contemporáneos. De calidade narrativa, con boa escrita e estética adaptada. Abertas á fantasía, ao humor, a que se poidan sentir identificados/as. Tamén nos gusta promover a lectura dos libros de información para que constrúan cousas, coñezan o mundo e busquen respostas.

Gústanos propoñer riqueza e apertura para axudar a que nenos e nenas se convertan en bos lectores e lectoras.

Mostra bibliográfica LER FAI QUE… na Biblioteca Municipal Ágora

Da man dun ourizo lector, defensor do anterior, compartimos un variado de lecturas orientadas a nenos e nenas de 0 a 8 anos cuxo único obxectivo é compartir o pracer que 100% xera ler. E mentres el agarda que as súas lecturas sexan escollidas por mans pequenas, nós esperamos a vosa presenza, acudindo ás bibliotecas e usalas. (Si! Estamos abertas!).

Preme na imaxe para acceder á Guía de lectura LER FAI QUE...
Preme na imaxe para consultar a Guía de Lectura LER FAI QUE…

Máis nada que vos desexar unhas felices lecturas e festas de Nadal!

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑