Silvia Penide e Carla López. Bbencontro Os Rosales 26 de maio.

As familias participantes con nenos e meniñas ata os 3 anos gozarán a música ó vivo dá man cantante Silvia Penide e a musicoterapeuta Carla López. Vivir os primeiros concertos cos teus fillos, sobriños ou netos é sempre divertido, á vez que grandes e pequenos gozarán por igual da experiencia da boa música en directo.... Seguir lendo →

Prende no colo: obradoiro didáctico

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do Programa Apego, organiza un obradoiro didáctico "Prende no colo" o vindeiro 10 de maio (17 h.) para familias con crianzas de 0 a 3 anos da man do músico, bailador e profesor de música e baile tradicional, Luís Prego. PRENDE NO COLO é o título... Seguir lendo →

O recoñecemento de sí mesmo

O desenvolvemento do concepto de sí mesmo Pode caracterizarse, en boa parte, como un proceso de diferenciación: diferenciando o “eu” dos demáis, os obxectos humanos daqueles que non o son ou ben, un suxeito en particular frente a outros. A diferenciación do “eu” supón adquirir un sentido de sí mesmo como entidade separada, física e... Seguir lendo →

Recursos Bebencontros Biblioteca Fórum 2: os sentidos

Como sabedes, as nosas sesións de Bbencontros na Biblioteca Fórum están cheas de momentos nos que se suceden diferentes estímulos como os sons, a palabra, as luces, as imaxes, o silencio, favorecendo o encontro do bebé co libro, espertándolle todo un mundo de sensacións. Dentro dos recursos que empregamos habitualmente temos: Os susurradores: son tubos de cartón... Seguir lendo →

Entroido, AUUUUUUUUUUUU!

Se aínda non vos decidistes de que vos ides a disfrazar este ano, estades a tempo. Ademais, merece a pena gozar das tradicións e celebrar o Entroido en familia. O máis importante é pasalo ben mentres se prepara… ten que ser un traballo en equipo. O primeiro é buscar unha idea orixinal. Cando esteades a escoller... Seguir lendo →

O pranto

O pranto é a primeira forma de comunicación do bebé, con el expresa as súas emocións e comunica as súas necesidades ou o seu malestar: fame, soño, medo, tristeza, tensión, dor ou molestias. Todos os seus sentimentos e sensacións negativas váinolas comunicar mediante o pranto e os berros. Aínda que o pranto ten un patrón... Seguir lendo →

Este Nadal, agasalla contos: Historias de regalo

Sabemos que regalar lecturas, música ou cine non é doado, implica pensar moito nos que o reciben, por iso, elaboramos para vos esta guia de lecturas que chamamos "Historias de regalo", os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos en todas as nosas bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas... Seguir lendo →

Estrelas en CantoConto!

Boas de novo, familias! Como xa sabedes, o programa de animación á lectura en familia, CantoConto! diríxese a familias con nenos de 2 e 3 anos. En cada sesión cantamos e contamos historias sempre relacionadas cun tema de interese para os pequenos da casa. Na sesión das Estrelas tocaba falar de novo da noite e... Seguir lendo →

3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro festéxase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Lonxe de querer entrar en debates en canto a terminoloxía, en moitos casos prefírese falar de diversidade funcional pola visión positiva que supón (son “capacidades diferentes”, non limitacións nin deficiencias). Pero aquí a cuestión non é ser políticamente correctos. A nosa verdadeira implicación... Seguir lendo →

CantoConto!: comezamos novo curso.

Ola, familias CantoConteiras! Comeza o novo curso e xa estamos de volta, desexando compartir convosco lecturas e cancións. Despois de dar a benvida ás novas amizades que chegan as nosas bibliotecas, comezamos a sesión co noso amigo Pablo Díaz e a súa exitosa canción "Imos contar un conto". A continuación démoslles a todas as familias unha... Seguir lendo →

Recursos Bebencontros Biblioteca Fórum 1: marionetas

As marionetas son o complemento perfecto para acompañar a narración das historias, estimulan de forma fascinante a capacidade de atención dos máis pequenos, axúdanlles a imaxinar, e cando van medrando, interactúan con elas creando as súas propias historias e xogos simbólicos. Algúns contos levan incorporadas as súas propias marionetas, pero se non é así podemos... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑