Celebramos o día do libro infantil e xuvenil


Un 2 de abril de 1805 nacía o escritor danés Hans Christian Andersen, famoso polos seus contos infantís. En 1967 a International Board on Books for Young People (IBBY) elixiu esta data para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

As Bibliotecas Municiapais da Coruña con motivo deste día tan sinalado para nós, imos celebrar un festival literario Primaletras cunha morea de actividades.

Dende a Biblioteca Forum Metropolitano este ano homenaxeamos este día falando das coleccións de libros para bebés que tantas veces nos acompañan durante as sesións de Bbencontros.

Do berce a Lúa

Esta popular colección de contos rimados da editorial Kalandraka están escritos por Antonio Rubio e ilustrados por Óscar Villán. O ilustrador ourensan é licenciado en Belas Artes, co seu primeiro traballo de ilustración para público infantil, “O coelliño branco” recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración 1999. Tamén é coñecido por obras como “A cebra Camila”, “Un becho extraño” ou “O Rei Oso Branco” libros que atoparás nos andeis das nosas bibliotecas.

Resúltanos imposible elexir un como favorito pois todos agochan algo especial!

Esta colección é ideal polo seu formato, presentan un texto sinxelo e rimado acompañado de imaxes con gran protagonismo, en propias palabras de Antonio Rubio son para “educar el ojo y endulzar el oído”.

“La Cereza”

É unha colección editada por Combel, que combina música, lectura rimada e ilustracións. As temáticas son sinxelas, a linguaxe directa e as ilustracións moi axeitadas. Son libros para cantar, para estimular a interacción, o desenrolo lingüístico, o ritmo e a musicalidade dos máis pequenos. Cada título dispón dun pegadizo e agradable acompañamento musical que podedes descargar a través dun código QR para poder interiorizar e desfrutar aínda máis da lectura.

Cada exemplar escrito por Mar Benegas está ilustrado por unha variedade moi axeitada de ilustradoras e ilustradores. Estamos seguras de que cada páxina vos atrapará!

Beba xa ten preparado para vós unha morea de libriños no seu recuncho para que levedes en préstamo a casa.

Feliz día do libro infantil e xuvenil, agardámosvos nas Bibliotecas! Podedes atopar todos os títulos no catálogo en liña das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: