Somos amarelos na Biblio do Forum (13-24 meses)

O pasado sábado, unha vez máis, desfutamos dos Bebencontros na Biblioteca do Forum Metropolitano. Contamos coa presenza de Andrés, Gael, Iago, Lois, Miguel, Noa e as súas familias, aos que agradecemos a súa implicación e motivación nesta sesión. Tanto na sesión do sábado como neste post, queremos resaltar a importancia do oído e da súa... Seguir lendo →

Espantamos a friaxe cun pouco de movemento!

Que o frío nos fai aterecer? Nós facemos que non o sentimos. Que os pes parecen témpanos de xeo? Nós saltamos ata o teito. Que as manciñas teñen os dedos agochados? Nós abrímolas, estirámolas e aplaudimos ata telas ben quentiñas! O sábado pasado, no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil, fomos escorrentando a friaxe do corpo,... Seguir lendo →

Homenaxe a Mª Elena Walsh na Bebeteca Ágora

Mª Elena Walsh, artista revolucionaria arxentina, emblema na literatura e canción infantil a nivel internacional, referente para o colectivo homosexual e feminista, muller cunha vida e obra que foron un todo nun momento de grandes transformacións sociais, políticas e culturais dos anos 60 e 70 do século XX. Esta escritora, poetisa e compositora arxentina, aterrou esta... Seguir lendo →

Bbencontro da Biblioteca Infantil o 21 de novembro

Outro día máis, bebés e familias gozaron na Biblioteca Infantil e Xuvenil  dunha nova sesión de Bebeteca adicada aos máis pequenos, de 0 a 12 meses. Nesta ocasión Claudia, Emma, Sofía, Cristina, Nicolás, Víctor, Daniella, Andrés e Solomon aprederon novas cancións, retahilas, onomatopeias, conceptos e xogos  de man do Señor Coc, a súa granxa e... Seguir lendo →

Charo Pita encheunos de Bicos con leite

A semana pasada a escritora e grande contadora de contos, Charo Pita,  achegouse á Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil a agasallarnos cunha chea de historias e cancións para os máis pequenos e as súas familias. Disfrutamos dunha tarde chea de bicos, aloumiños e risas na actividade "Bicos con leite". Aqui vos deixamos unha mostra en... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑