Outro día máis, bebés e familias gozaron na Biblioteca Infantil e Xuvenil dunha nova sesión de Bebeteca adicada aos máis pequenos, de 0 a 12 meses.
Nesta ocasión Claudia, Emma, Sofía, Cristina, Nicolás, Víctor, Daniella, Andrés e Solomon aprederon novas cancións, retahilas, onomatopeias, conceptos e xogos de man do Señor Coc, a súa granxa e os animais que nela habitan.
Despois de moito muu, piopio, cruacrua e miauss despedimos ao Señor Coc co conto “Y la Luna sonrió” que puxo en orde a granxa e, para rematar, unha nana ben linda relaxounos a todos.
Se queredes ver en fotos todas as sesións das Bibliotecas Municipais podedes acceder aos nosos álbums de Flickr, feitos con moito moito agarimo.
Recordarvos, tamén, que nas Bibliotecas temos máis Bebelotes, por idades e mesmo por temas, e que no catálogo poderedes atopar todos aqueles documentos que vos interese. Esperámosvos sempre que queirades, nas redes sociais, tanto a través de Facebook como de Twitter.
Deixar unha resposta