Con motivo da celebración do aniversario dunha das nosas bibliotecarias, aproveitamos esta sesión para felicitar todos os aniversarios do ano, tanto das nenas e nenos como de seus pais e nais, avós e avoas... pero, ao estilo CantoConto!, con cancións e contos. Descubrimos que a nosa compañeira estaba de aniversario, como non, a través do... Seguir lendo →
“Qué susto!”, en CantoConto!
"Qué susto!" foi unha das sesións máis divertidas das que gozamos en CantoConto! Lemos, cantamos e pasámolo xenial. Seguide lendo para saber máis. Pero non teñades medo, porque os sustos que levamos foron moi divertidos! Cantamos a canción de Pablo Díaz "Imos contar un conto". Sempre veñen cativos novos que deseguido aprenden a letra e os... Seguir lendo →
O ruído branco
Nestas dúas sesións os nosos contos protagonistas foron: “Adivina cuánto te quiero”, escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram, é un dos contos máis amorosos, onde dar medida ao amor convértese nun xogo de expresión de sentimentos. “¿Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, permítenos crear a nosa historia, adaptar cancións, ... Seguir lendo →
O son e o silencio
Os elementos da formación auditiva son o son e o silencio, que forman parte da educación dos sentidos. Debemos axudar aos nenos para descubrir estes elementos e experimentar con eles. Nestas sesións de bebeteca traballamos estes dous conceptos a través dos contos (Tierra a la vista, señor Coc! de Jo Lodge; Unha ra? de... Seguir lendo →
Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: 1, 2, 3, movendo o meu corpo da cabeza aos pés
Coma sempre os nosos encontros tentan darvos ideas para que a través da lectura, o xogo e a música fomentar o desenvolvemento dos máis pequenos. Nesta ocasión adicamos as sesións para traballar as partes do corpo a través da psicomotricidade e así, entre outras cousas, favorecer o proceso de desenvolvemento da identidade, xa que entre o... Seguir lendo →
Cos avós en CantoConto!
Un conto sempre e unha boa idea para disfrutar do tempo en familia e como se achega o Nadal pensamos en adicarlle esta sesión aos avós xa que eles sempre nos coidan , nos miman e nos contan fermosas historias coas que disfrutamos de maneira especial, pero nesta ocasión son eles os protagonistas . Falamos da importancia... Seguir lendo →
Hola, doutor! en CantoConto!
Esta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e... Seguir lendo →
Meu amor estoupa! en CantoConto!
“Meu amor estoupa”, un sonoro e rechamante título para a sesión de CantoConto! que celebramos nas bibliotecas de Fórum, Sagrada Familia, Monte Alto e Castrillón. A través do conto O monstro de cores de Anna Llenas entramos no mundo dos sentimentos, co seu protagonista, o monstro, que se fai un lío coas emocións. Os cativiños... Seguir lendo →
A música envolveunos na Festa final dos Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil
O sábado pasado, 16 de maio, previo ao noso Día das Letras Galegas, quixemos despedir os Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil como se merecen, con contos, con música e moito cariño. Porque pensamos que libros, música e cariño é unha das mellores combinacións para que as familias leven un bo recordo de tódolos momentos... Seguir lendo →
Moito máis que contos na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro do 11 de abril: 0-12 meses
Os 3 primeiros anos da vida dun bebé son un período de crecemento incríble en tódalas áreas de desenvolvemento destes. Na etapa dos 2 aos 6 meses hai estudios que demostran unha correlación directa entre a inteligencia e adquisición da linguaxe e o número de palabras que os bebés oíron nos seus primeiros anos de... Seguir lendo →
Somos azuis na Bebeteca do Forum (13-24 meses)
No quinto Bebencontro na Biblioteca Forum Metropolitano, despois do conto "Un elefante se balanceaba", de Marianne Dubuc, animamos aos papás e mamás a balancear aos seus bebés. Os balanceos axudan a reforzar o sistema vestibular, que é o encargado de manter constantemente o noso equilibrio e regular a nosa postura. Todas as sensacións que temos... Seguir lendo →
Non hai berce coma o colo nos Bebencontros de Ágora
O son da memoria, esta frase que serviu hai dez anos para denominar uns encontros no CCG vencellados á música, é un bo xeito de definir a sesión que tivemos o pasado sábado na bebeteca de Ágora. A importancia da oralidade, da música e dos contos tradicionais musicados que tan ben nutren a nosa cultura... Seguir lendo →