A Feira do Libro da Coruña que comeza hoxe e durará ata o 11 de Agosto, contará cunha semana enteira de música adicada aos mais pequenos. Libros e música nunha festa diaria animada polas figuras máis relevantes da música galega para nenos.
A música de Pablo Diaz, Mamá Cabra, Susa Herrera… acompañarannos o 5, 6, 7, 8, 9 e 10 de Agosto ás 20.00 no espectáculo “Lemos, cantamos, gozamos…” producido pola editorial Galaxia.
Deixamosvos aquí a programación da Semana da música Infantil na Feira do Libro:
- Luns 5 de agosto: “Cantaruxa coa Bruxa Maruxa” con Uxía
- Martes 6 de agosto: Presentación do libro-CD “Rosalia pequeniña” con Uxía
- Mércores 7 de agosto: “Toc-Toc” con Pablo Díaz
- Xoves 8 de agosto: “Animais enCantadores” con Susa Herrera
- Venres 9 de agosto: “Ola, Ola, la!! con Mamá Cabra
- Sábado 10 de agosto: “Bicos de música” con Mamá Cabra
De agasallo mentres chega o día compartimos con vos un anaco da actuación de Mamá Cabra na Biblioteca Infantil e Xuvenil no obradoiro de arrolos para bebes que tivemos a sorte de comaprtir con eles:
E lembrade que se vos achegades ata as nosas Bibliotecas podedes levar en préstamo estos libros e cds para escoitar e ler con calma na casa:
- Tic Tac [Grabación sonora] / Pablo Díaz ; [ilustracións de] Marc Taeger. — Pontevedra : Kalandraka, D.L. 2009
- Cartas que veñen e van : Susa Herrera con Mamá Cabra / Susa Herrera ; [ilustracións, María Lires]. — A Coruña : Primerapersona, D.L. 2006
- Todos os animais ó caixón / Susa Herrera con Mamá Cabra ; [ilustracións, Lorena Pita]. — A Coruña : Primerapersona, 2008
- Animais encantadores / Susa Herrera ; [ilustraciones, María Noel Toledo]. — A Coruña : Primerapersona, 2010
- Cantos rodados [Grabación sonora] / Mamá Cabra. — [Santiago de Compostela] : Consellería de Educación e Ordenación Universitaria : Primerapersona, D.L. 2002
- Cantos mirados / Mamá Cabra. — A Coruña : Primerapersona, D.L. 2002
- Cantando comigo [Grabación sonora] / Mama Cabra. — Santiago de Compostela : Dirección Xeral de Política Lingüística , [2004]
- Tan só con leres un libro [Grabación sonora] / Mamá Cabra. — Barcelona : Discmedi Blau, [2005]
- Patatín Patatán [Grabación sonora] / Mama Cabra. — Lugo : Escóitame, D.L. 2008
- Cantando, cantando / Mamá Cabra. — A Coruña : Primerapersona, 2004
- Ola, ola, la! / Mamá Cabra ; cun conto de Gloria Sánchez ; ilustracións de Kristina Sabaite. — 2ª ed. — Vigo (Pontevedra) : Galaxia, 2011
- Xa me tardan estes magos / Mamá Cabra. — Vigo : Galaxia, D.L. 2011
- Bicos de música / Mamá Cabra ; ilustracións de Kristina Sabaite. — Vigo (Pontevedra) : Galaxia, 2012
¿Dónde son las actuaciones?
Gracias
Ola Susana, as actuacións son nos Xardíns de Méndez Núñez as 20.00 h.
Un saúdo
GRacias por el post!!
Como minimo no nos perderemos la actuacion de mamacabra…hadrian es. Fan iNcondional