Para comezar o curso con agarimo na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil o xoves 26 de setembro ás 18:00h invitámosvos a compartir connosco unha tarde chea de emocións. Unha actividade plantexada para os máis pequenos, de entre 12 e 24 meses, na que descubriremos novas experiencias, cantaremos e disfrutaremos dos contos.
As prazas son limitadas porque non temos espazo para todos, así que para facer o reparto da forma máis xusta posible decidimos abrir este formulario e asignar praza ás 10 primeiras solicitudes. Se consigues praza para o teu bebé desde a Biblioteca porémonos en contacto contigo
SON AS 10:51 E XA TEMOS AS 10 PRAZAS CUBERTAS!!!
MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S. En breves momentos recibirides un email confirmando se tedes a vosa praza.