Onte a tarde, grazas a Teatro Migallas, gozamos dun ratiño de contos e cancións moi agradable. As familias ¡e tamén as bibliotecarias! cantamos xuntos, fixemos cóxegas, aplaudimos e escoitamos uns contiños moi doces: “Imos cazar un oso“, “A ra da boca grande“, “Sambalelé” e “Señor Coc“, entre outros. Ogallá puidesen quedar máis tempo con nos! Esperamos que Bea y David pronto repitan a súa visita.
“Entre arrolos e contiños” na biblioteca de Monte Alto.

Deixar unha resposta