Os bebencontros desta semana son:
- Para bebés de 13 a 24 meses
Xoves 7 de novembro, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas)
Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.
A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.
Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Atenderemos todas as solicitudes por rigurosa orde de entrada. A biblioteca enviará por correo electrónico a confirmación de que tes a túa invitación. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.
Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.
POST EDITADO: XA NON QUEDAN PRAZAS PARA OS BEBENCONTROS DA BIBLIOTECA INFANTIL E XUVENIL
Deixar unha resposta