Comezamos os Bebencontros para os pequenos de 13 a 24 meses, na Sala Infantil da Biblioteca Forum Metropolitano. Nesta ocasión estiveron con nós na Bebeteca: Luis, Inés, Telmo, Leo, Martín, Bruno e as súas familias.
Coñecimos ao Pequeno Edu, que nos amosou as partes da cara co libro “Qué esconde el pequeño Edu” de Linne Bie. Edu “xogou” cos pequenos escondendo a cabeza, os ollos, o nariz, a boca, as orellas e finalmente as súas mans e entre todos tivemos que descubrilas.
Da man de Nicola Smee co conto “Caritas Divertidas“, os pequenos descubriron que, coas súas caras, poden expresar sentimentos de felicidade, preocupación, medo, sorpresa, etc.
Alguén sabe como soa un nariz? Os nenos que viñeron o pasado sábado á Bebeteca sábenno perfectamente sobre todo se se trata dun boneco de neve, dun paiaso, unha bruxa, e demais personaxes que aparecen no conto “Caras Chistosas” de Kath Smith.
Por suposto non faltaron as cancións que nos acompañan sempre en todas as sesións. Algunhas permitironnos facer novos amigos e outras, como non, descubrir as partes da nosa cara.
Houbo unha sorpresa final (“A Saca de Beba”) na que a nosa mascota nos deixou contos para coñecer na Biblioteca e tamén desfrutar na casa en familia . Os pequenos levaron prestados os Bblotes que Beba escolleu para cada un deles.
Se queredes ver o ben que o pasamos, visitade a nosa galería fotográfica no flickr das Bibliotecas Municipales.
Deixar unha resposta