Paula Bossio nas Bebescolas de Ágora


Deseñadora gráfica, con recoñecementos internacionais de ilustración como o Noma de Xapón (2002-2004) ou o Katha da India (2010), este ano, o programa de Bebescolas da Biblioteca Ágora , adicóulle as súas sesións á ilustradora colombiana Paula Bossio.

Paula BossioMáis dun centenar de nenos e nenas de catro centros de ensino da nosa contorna (Bicos, Nazaret, Parrulos e A Galiña Azul do Ventorrillo) aterraron na Bebeteca cunha fermosa historia ilustrada como é o Lápis, libro álbum que obtivo mención de honra no concursoA la orilla del viento” do Fondo de Cultura Económica en 2010.

Desde a Biblioteca Ágora, tentamos facer unha adaptación divertida e áxil coa que desfrutaran os máis pequenos, tendo como eixe unha creativa proposta baseada no debuxo e a imaxinación dunha narración cargada de sorpresas…

Aproveitamos, do mesmo xeito, a orixe colombiana da autora, para destacar e facer un guiño á labor que dende as Bibliotecas Públicas deste país se fai a prol da cultura, do desenvolvemento, do equilibrio e a pacificación dunha colectividade que valora o esforzo no día a día das súas bibliotecas máis próximas. Recomendamos a visita virtual a algunhas das principais bibliotecas colombianas, para valorar os seus servizos e programas culturais, onde o social ten un peso importante (Diana Uribe A Cultura cambia o chip no postconflito“). E unímonos, por compartilos, a principios como os do músico Henry Arteaga: “Hai que coñecer os territorios. Non velos, senón coñecelos de ti a ti. Hai que ir e comunicarse directamente coa comunidade…”

Foto grupo LAPIS EI VENTORRILLO B e C

E nós tentámolo coas nosas escolas infantís, achegarnos a elas, facer do coñecemento das súas necesidades unha liña de traballo estable e, por suposto, facemos noso o lema da área de cultura colombiana tamén con respecto ao que implican as bibliotecas en calquera contexto : Prosperidade para todos.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: