Os bebencontros desta semana clausuran as sesións da bebeteca das Bibliotecas Ágora e da Infantil e Xuvenil, polo que se trata dunhas sesións especiais onde a música e os libros estarán tamen presentes:
- Para bebés de entre 0 e 12 meses
Xoves 22 de maio, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (8 prazas)
Sábado 24 de maio, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas)
- Para bebés de 13 a 24 meses
Xoves, 22 de maio, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (8 prazas)
Sábado 24 de maio, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (15 prazas)
Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.
A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.
Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Atenderemos todas as solicitudes por rigurosa orde de entrada. A biblioteca enviará por correo electrónico a confirmación de que tes a túa invitación ou de que estas en lista de agarda ao longo dos dous días seguintes a inscripción. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.
Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.
XA NON QUEDAN PRAZAS PARA ESTES BEBENCONTROS.
Para participar en la clase de bebeteca.wordpress.com. gracias