Días movidos na Bebeteca de Ágora.


E tras dun parón para coller forzas, o pasado sábado 25 de Outubro, comezaron na Biblioteca de Ágora os Bebencontros. Desta volta coa enerxía do Señor Coc e a súa capacidade para imitar movementos e sons de outrxs animais e cun deses contos máxicos que fan que a palabra e o ritmo dominen os espazos e capten a atención.

Materiais

Un total de 19 familias puideron reunirse con nós para desfrutar do axetreado día do Señor Coc en ¡Muevase, señor Coc! (Jo Lodge, 2011), unha divertida achega aos exercicios de psicomotricidade por medio da palabra e da imaxe cun libro troquelado que fai que cada amigx do Señor Coc cobre vida de seu. Así pois, contorneámonos como vermes, aplaudimos coma focas, aleteamos coma paxaros, pisamos coma elefantes e mordimos coma crocodrilos ao ritmo da música. Toda unha experiencia de movemento conxunto que nos encamiñou a cambiar de ton e centrar na palabra por medio de Crocodrilo (Antonio Rubio) e a súa rítmica e hipnótica lista de cores e obxectos co que puidemos coller folgos despois da axetreada viaxe do Señor Coc.

BbEncontro Outubro 2014 13-24 134

Tras dunha breve actividade para voltar á calma cunha pelota multicolor que nos lembraba as cores que o noso crocodilo coñecía no seu conto, por fin xs máis pequenxs puideron explorar o fondo da bebeteca pola súa conta. E para rematar, e xa que estabamos pequenxs e adultxs reunidxs, aproveitamos para achegar unha pequena batería de recursos cos que contar na casa dun xeito diferente empregando materiais e obxectos de uso diario.

Lembrade que podedes ver a selección de fotografías do bebencontro no Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña e que o reparto para as seguintes sesións será anunciado neste mesmo blog. Até a próxima!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: