No quinto Bebencontro na Biblioteca Forum Metropolitano, despois do conto “Un elefante se balanceaba“, de Marianne Dubuc, animamos aos papás e mamás a balancear aos seus bebés. Os balanceos axudan a reforzar o sistema vestibular, que é o encargado de manter constantemente o noso equilibrio e regular a nosa postura. Todas as sensacións que temos pasan a través do mecanismo vestibular, polo que todos os demais sentidos: o que oímos, o que vemos, o que sentimos… percibiranse dunha forma cómoda e terán significado soamente se o sistema vestibular funciona como é debido.
Nesta sesión utilizamos esta canción non para balancealos, senón para realizar outro xogo utilizando unhas pelotas de foam e unha tea de cor azul coa que lanzabamos as pelotas ao son da canción, con este xogo axudamos ao bebé a desenvolver as súas habilidades de coordinación ollo-man. E pasamos un anaco moi divertido ata o momento en que chegou Beba coa súa saca.
Alfredo, Iago, Inés, Iván, Lois, Noa, Pedro e as súas familias participaron moi activamente no transcurso da sesión, durante as cancións e durante a narración dos contos. Coñeceron a casa do Señor Coc e os seus hábitos, e divertíronse co Elefante elegate e os seus amigos balanceándose na tea dunha araña ao ritmo da melodía que invadían as campás musicais.
Ao final de cada sesión os nosos pequenos lectores levan en préstamo uns bebelotes especiais da sesión para desfrutalos na casa en familia. Para que vexades o ben que o pasamos na sesión, podedes consultar as fotos que subimos na galería Flickr das Bibliotecas Municipais.
Dada a visita realizada de Pablo Díaz ao Audotorio do Forum Metropolitano o sábado pasado, ímosvos recomentar o seu novo traballo “Xente miúda, moita fartura” que xa temos nalgunhas Bibliotecas Municipais.
Deixar unha resposta