Onte, xoves 28 de maio, foi a derradeira Festa Final de Os Nosos Contos, vivimos momentos moi emotivos e de reencontro con compañeiras que estiveron en ONC e agora xa non están (Emma, Gema, Vero, Chus e Memé), entre todas quixemos facer un tributo ás familias que cada quince días, os xoves, veñen ás sesións de ONC sempre fieis á cita e así durante 10 anos!!!
Vivimos momentos moi emotivos e fixemos a última sesión con máis enerxia e gañas que nunca, por vós, o noso público habitual de ONC, merecedes eso e moito máis.
Durante estes 10 anos de ONC vimos medrar aos nosos nenos, hoxe moitos xa convertidos en adolescentes, temos na nosa retina as vosas caras (pais, nais, avós, avoas, nenas e nenos ) desfrutando cos contos que intrepretan Marta, Alba, Iván e Xiana.
Pero como dixemos onte, ONC rematan pero o vínculo afectivo que creamos entre todos nós prevalecerá por enriba deste programa. ONC chega a súa fin pero as persoas que o formamos non, nós os bibliotecarios do Forum seguiremos aí, na biblioteca, desexando vervos. Temos unha chea de contos para recomendarvos e, sobre todo, queremos seguir mantendo o vínculo que creamos.
ONC rematan pero empeza outra etapa con novos proxectos e ilusións onde vós estades presentes. Polo que esto no é una despedida, se non que vos dicimos:
Ata dentro dun anaco!!!
Por último quixera facer unha mención especial para Marta, alma mater de ONC, pola súa labor incansable e chea de ilusión durante tantos anos, que leva facendo os ONC, polo que me vou tomar a liberdade en nome de toda a familia de ONC , de darlle as
GRACIASSSSSSSSSSSS!!!!!!!!!!!!!!!!! Por todos estes anos de contos.
Isto remataaa
Oh
Non vos esquezades
Vémonos na Biblioooo
Isto remata
Non falta a ilusión ohhh
Isto remataaaaa
Moitas gracias por estar connosco durante estes 10 anos!!!!
Espectaculares…estés bibliotecarios!!!grazas por regalarnos tan bos momentos.Sodes unicos!!
Moitas gracias Patricia, vos fostes o noso agasallo durante tantos anos