Érase unha vez…
Unha ratiña moi presumida… deste modo comezamos o pasado 17 de outubro os Bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Da man deste conto clásico ilustrado por Chantal Vizcaino e doutras historias.
Despertamos a curiosidade dos bebés musicando o conto: Un caracol? de Guido Van Genechten, no que ao ir despregando, o caracol da cuberta vaise transformando nunha bolboreta, a bolboreta nun rato, o rato nunha serpe e a serpe nun camaleón que ía zampar un moscón… si ou non?
dime que verás!
Mira, mira, mira,
e descubrirás…!
Es
te sábado, 31 de outubro, divertímonos cos máis pequenos da man dun vello amigo, o xa coñecido señor Coc, e cos seus amigos o burro Tontón, a gata Timotea, a vaca Lola e o poliño Lito que toma “biberón con gustito a leche con sabor a bombón”.
Xogamos coas estrelas mentres a Lúa sorría.
Ao ritmo da canción dos “seis ratoncitos” botamos na pelota desfrutando todos xuntos do curruncho máxico da Bebeteca.
Coma sempre, ao finalizar as sesións, Beba achegounos as verbas que durmen nas nubes e que espertan nos contos, desexando que xoguemos con elas.
Como podedes imaxinar desfrutamos dunhas marabillosas tardes de sábado, na que bebés, nais, pais e bibliotecarias tivemos ocasión de deixar voar a imaxinación.
Para que lembredes o ben que o pasamos, deixámosvos unha mostra gráfica das sesión do 17 e do 31 de outubro da Biblioteca Forum Metropolitano. Podedes consultar a galería flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña. Agardámosvos de novo!
Lembrade que aínda que non haxa Bebencontros, seguimos na Biblioteca Forum, cunha chea de contos, música, Bebelotes e documentos para Pais, que sempre poderedes atopar dende o noso catálogo.
Nesta ocación recomendámosvos aos pais un libro de Francisco Mora ¿Es posible una cultura sin miedo? (Alianza, 2015); e para os bebés, un novo conto de Antonio Rubio e Óscar Villán titulado Violín (Kalandraka, 2014).
Deixar unha resposta