¿Separádesvos pola miña culpa? ¿Que pasa cando un morre?
¿Como chegan os bebés á barriga? ¿Os meus papás de verdade non me querían?
¿Por que me sinto triste?
Os nenos e nenas son conscientes de máis cousas das que cremos, e a súa curiosidade asemella non ter fin. Ás veces, falar de certos temas con eles require dunha responsabilidade e enerxía dobres.
Tódolos proxenitores atópanse algunha vez con situacións incómodas, difíciles, sorprendentes, desconcertantes… en relación coas preguntas que lles fan os seus fillos e fillas. Situacións concretas coma un divorcio, a morte dun ser querido, unha adopción, a sexualidade… poden converterse en cuestións complicadas de explicar aos nosos pequenos. O feito de convertelas en tabú e non falar delas pode xenerarlles moitas inquietudes e dúbidas.
No centro de interese SOS PAIS da Biblioteca Ágora poderedes atopar (desde XA e ata o mes de marzo) unha selección de libros que ofrecen pautas para introducir e tratar este tipo de temas cos menores: axudarlles a definir o que senten, afrontar a realidade e comprender determinados procesos.
A mostra ¿Como llo explico? concíbese como unha pequena axuda para atopar respostas, verbalizar emocións e mellorar a comunicación familiar. Velaí algúns dos títulos que recollemos:
- Los niños preguntan, los Premios Nobel contestan. Edición a cargo de Bettina Stiekel; prólogo de Axel Hacke. Barcelona : Oniro, 2004.
- Nuevas familias : convivir con los hijos de tu pareja. Hilary Boyd. Barcelona : Océano, 2000.
- Cómo explicar el divorcio a los niños. Roberta Beyer y Kent Winchester. Barcelona : Oniro, 2009.
- Mi hijo está triste : ¿cómo entenderle y ayudarle? Luis Vera. Madrid : Síntesis, 2003.
- Cómo hablar de sexo con los adolescentes para que te escuchen. Amber Madison. Barcelona : Oniro, 2012.
- Hemos adoptado : guía de la postadopción. Berta Boadas. Barcelona : Larousse, 2012.
- Cómo contárselo a los niños : respuestas adecuadas cuando alguien fallece. Dan Schaffer, Christine Lyons. Barcelona : Medici, 2004.
Deixar unha resposta