O programa de Bebescolas leva a desenvolverse 3 anos xa vencellado á Biblioteca Municipal de Ágora. Na súa andaina, moitas son as historias que quedaron no camiño, achegando a biblioteca ás escolas infantiles dos barrios do Ventorrillo e Agra como un espazo de encontro e descubrimento para xs máis pequenxs.
Este mes de Xaneiro que acaba de terminar, Beba saiu da súa zona habitual, a Bebeteca, para achegarse a cada unha das Escolas Infantís da nosa contorna. Xunto con ela fomos algún de nós, cargadxs con maletas e bolsas, contos na cabeza e nas mans, e moita ilusión por visitar a un sector da poboación moi moi importante para as bibliotecas: Xs futurxs usuarixs.
Con Contos que Camiñan comezou este ano a desenvolverse o noso programa itinerante para xs máis pequenxs. Desta volta, as miras enfocaban ás emocións e a diversidade coa finalidade de achegar un fondo máis abstracto, a tolerancia como valor transversal na educación infantil. Para tal, Beba preparou unha escolla de contos moi especiais… Primeiro unha chea de contos diferentes para amosar a diversidade que existe nas propias bibliotecas, onde cada conto é un mundo cheo de música como Zapato (Villán, Óscar e Antonio Rubio. 2014), ou libros cheos de sorpresas como o xa clásico O Polo Pepe (Denchfield, Mark. 2013). E xunto con eses, o mundo máxico dun monstro que se emociona e emociona, que fai que xs pequenxs repitan e desfruten interpretando o que sinten: El monstruo de colores (Llenas, Ana. 2014).

E pintados do verde do monstruo que simboliza a calma, Beba preparou un conto moi especial para falar de diversidade: Cores, de Leo Lionni (2014). Coa axuda dxs pequenxs de cada escola, Beba e nós mesmxs celebramos a diversidade duns ratiños de moi diferentes cores que ao bailar, semellaban flores… Queredes achegarvos á galería das sesións? Pois pinchade aquí.

Quedamos agora á espera das Escolas que Contan, a segunda parte deste programa que se desenvolverá en maio e no que as escolas participantes (EI Ventorrillo, EI Carmen Cervigón-Padre Rubinos, EI Agra do Orzán, EI Xénesis, EI Parrulos Ventorrillo, EI Nazaret e EI PSN Bicos) achegaranse a vernos. Mentras tanto, seguimos a preparar os materiales para reforzar os contidos desa visita na que sexan elxs quen veñan visitarnos e participen do que para nós son os contos, a sixeleza de transmitir historias mediante as emocións.
Salud!