Repetición, recoñecemento verba-imaxe, afianzar conceptos, seguridade… un conto repetitivo ou un conto acumulativo dá todo esto.
Na sesión de bebeteca dos “máis maiores” na Biblioteca Infantil e Xuvenil adicámonos a descubrir a qué lle sabía á Lúa aos animáis co libro A que sabe a lúa? de MICHAEL GREJNIEC e cal era a nosa mascota con Veo veo – ¿Un gato? de GUIDO VAN GENECHTEN.
No primeiro, a través de repetición imos sumando animais (tartaruga, elefante, xirafa…) para chegar a saborear á lúa, e chegarían?
Co segundo, a través da orelliña dun gato pode pasar calquer cousa, mesmo converterse nun calamar… que será será?
Tanto con estes pequechos e pequechas de 13 a 24 meses como cos pequeniños de 0 a 12 meses, a repetición segue a ser a grande protagonista coas retaílas e cantos que facemos sempre, a presentación para coñecernos, bailamos, bicamos e saudamos coas mans e mesmo nos despedimos cunha linda canción do grupo Golfiños e o seu libro Te, chocolate, café. Todo elo xera neles unha sensación de seguridade e confianza cada vez que se achegan a pasar un tempo con nós.
Aquí vos deixamos unha pequena selección:
Se queredes ver as fotos das sesións entrade no noso Flickr
Xa sabedes que nas Bibliotecas Municipais da Coruña temos moitos materiais dos que botar man. Ademáis podedes achegarvos ao noso catálogo
Deixar unha resposta