Nestas dúas sesións os nosos contos protagonistas foron:
“Adivina cuánto te quiero”, escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram, é un dos contos máis amorosos, onde dar medida ao amor convértese nun xogo de expresión de sentimentos.
“¿Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, permítenos crear a nosa historia, adaptar cancións, incorporar recursos sonoros e, deste xeito, manter o asombro dos pequenos mentres se van despregando as solapas e detrás de cada unha delas aparece un novo animal.
“Que esconde o pequeno Edu?” de Linne Bie, con Edu xogamos ao divertido xogo das agochadas, ademais de ir recoñecendo as diferentes partes do corpo de maneira moi musical.
En “La granja del señor Coc” de Jo Lodge, axudamos a este simpático crocodilo a coidar dos animaliños da súa granxa ao ritmo de melodías tradicionais e, por suposto, da súa canción:
Oh! ven a mi granja, oh! ven a mi granja
Oh! ven, oh! ven, oh! ven…
Xa vos falamos nun post anterior de como o son e/ou a súa ausencia teñen unha enorme importancia no desenvolvemento sensitivo, auditivo e cognitivo do bebé. Como os nenos se achegan aos distintos sons da realidade que os rodea, experimentan con eles, percíbenos, e observan como existen características comúns e diferencias entre os mesmos.
Desde pequenos van buscando coa mirada o son percibido, rexeitan os sons estridentes ou ruidosos, xogan a reproducir o que ouviron, recoñecen pequenas melodías e cancións, clasifican e ordenan sons exercitando con iso a memoria auditiva, por elo as nosas narracións acompañámolas de diferentes sons, ritmos, volumes, timbres. A Beba identifícana co son dos axóuxeres cando soan, cando soan saben que vai a aparecer Beba coa súa saca chea de contos.
Pero hoxe queremos facer referencia ao ruído branco pola peculiaridade do efecto que este pode causar tanto en bebés como en adultos e as investigacións que se están a realizar neste tema.
Sabíades que o ruído branco tranquiliza ao voso bebé?
Para saber máis, deixámosvos esta ligazón:
http://www.bebesymas.com/ser-padres/por-que-el-ruido-blanco-calma-a-algunos-bebes
Outro exemplo de melodías que calman aos bebés, vén reflectido neste anuncio de doces xaponés… Animámosvos a facer a proba!
Para que lembredes o ben que o pasamos, deixámosvos unha mostra gráfica das sesións do 6 e 20 de febrero na Biblioteca Forum Metropolitano premendo na galería Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Non nos queremos despedir sen antes agradecer ás familias participantes o seu entusiasmo e confianza, e sen vos recomendar algunas lecturas interesantes para esta Semana Santa. Xa sabedes que todos estes libros e máis podédelos consultar no noso catálogo en liña das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Que desfrutedes das vacacións!
Recomendamos unha colección de SM que chegou fai pouco á Biblioteca Forum, e un libro do Centro de Interese S.O.S. Somos Pais que chegou á Biblioteca do Castrillón.
- El perro López / Nick Denchfield y Ant Parker.– Madrid : SM, D.L. 2015.
- El pájaro Paco / Nick Denchfield y Ant Parker.– Madrid : SM, D.L. 2015.
- El Pollo Pepe va al colegio / Nick Denchfield y Ant Parker.– Madrid : SM, D.L. 2015.
- No seas la agenda de tus hijos y prepáralos para la vida: autonomía, responsabilidad y otros desafíos para padres y educadores / Noelia López-Cheda.– Madrid : La Esfera de los Libros, 2015.
Deixar unha resposta