Nas Bibliotecas Municipais sabemos que nunca é demasiado cedo para introducir os contos na vida dos máis pequerrechos, amosándolles historias, e proporcionándolles estímulos que acrecenten a súa curiosidade polos libros e a “vida” que conteñen.
Por iso, no noso catálogo web poderedes atopar moitos recursos destinados a estos “miniusuarios”.
Aquí tendes unha selección dalgúns dos títulos ao teu dispor nas bibliotecas:
- El bebé jefazo : como él mismo / Marla Frazee.– Madrid : Cubilete, 2017.
Neste conto, atoparémonos ca figura do irmán pequeno e o que supón para o neno a chegada doutra personiña ca que terá que compartir todo…. incluso ós pais!
- 1, 2, 3_¡Mío es! / Margarita del Mazo ; Cecilia Moreno.– Madrid : Jaguar, 2016.
Interesante libro, ideal para amosar o importante que é compartir, narrado dende a figura de Ramón, un rapaz ao que o seu amigo Leo lle quita o balón… Como será a súa reacción?
- Mamás y bebés : explora los animalitos.– New York (USA) : Parragon, cop. 2015.
Este libro permite ó bebé tocar e explorar as diferentes texturas nos corpos dos cadeliños ou patiños, entre outros moitos animáis.
- Mi primer libro de las estaciones / Xavier Deneux.– Madrid : SM, 2015.
Un libro de sensacións, de tacto no que en cada estación o neno poderá tocar e sentir a textura das diferente prendas de roupa do seu protagonista… Que diferenza haberá entre unha camiseta de verán, e un plumífero de inverno?
- Toca los colores. Negro y blanco.– Barcelona : Planeta, 2015.
Libro de texturas que introduce ó neno no mundo das cores.
- 5 patitos / Margarita del Mazo ; Cecilia Moreno.– Madrid : Jaguar, 2016.
Os “5 patitos” é unha das mellores formas de achegar ós máis pequenos da casa ás diferentes cores, imaxes e texturas, dunha forma divertida e que sen dúbida, captará toda a súa atención.
- Mi cara / Margarita del Mazo ; Cecilia Moreno.– Madrid : Jaguar, 2016.
Unha canción popular e un divertidísimo xogo no que se comparan as diferentes partes da casa ca cara dos máis pequenos, é a forma na que este libro estimulará a atención dos bebés.
- Arturo el pez; Berta la ballena / [ilustraciones de Géraldine Cosneau].– Barcelona : Océano Travesía, 2015.
O baño é un dos momentos máis relaxantes para os bebés, e con este libro plástico, poderá desfrutalo xunto ao peixe Arturo e a balea Berta, descubrindo un novo mundo cheo de novas experiencias sensoriais.
- ¡En marcha! : libro de contrastes / [creado por Roger Priddy ; ilustrado por Holly Jackman].– [Barcelona] : Titiris, 2013.
De pequeno e resistente formato, este libro a proba de bebés, captará a súa atención con divertidas cores e formas, e con marcados contrastes que axudarán a estimulación visual do pequeno.

Deixar unha resposta