O xogo dramático


Para conmemorar o día mundial do teatro (27 de marzo) e dentro do festival literario das Bibliotecas “Primaletras” xoves 31 de marzo ás 19:00  temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano  “O xogo dramático” , impartido polo actor Ramiro Neira de Artestudio. Trátase dun Obradoiro de teatro para nenos e nenas de 8 a 12 anos onde mediante xogos realizaranse dinámicas arredor das artes escénicas que nos descubrirán a maxia do teatro, estimulando a creatividade, a imaxinación, a comunicación e a confianza.

A nosa cidade celebra no 2022 o Ano Internacional María Casares, actriz de orixe coruñesa que se converteu na gran dama do teatro francés do século XX. Dende a Biblioteca Fórum Metropolitano aproveitamos este acontecemento para dar visibilidade ao papel da muller no mundo teatral co Ciclo Temático “Mulleres a escena”.

Na sala infantil infantil da Biblioteca Forum podedes atopar unha chea de títulos recomendados dentro do ciclo para a rapazada de entre 8 e 12 anos sobre teatro coma por exemplo: “El mundo del teatro” “Pingueiras e tarteiras”, “La flauta mágica”, “El pequeño teatro de Rebecca”, “Somos os monstros”, “A sindrome de Bergerac”, “Mi primer libro de ópera” “La noche de la reina Berenguela” entre outros.

Hoxe 24 de marzo sae o prazo de inscrición para o obradoiro do xogo dramático. Pica neste ligazón ou escanea o codigo Qr para inscribirte na actividade e lembramos que son prazas limitadas, agardámosvos!

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑