SomosPro!


Na biblioteca Forum estamos de aniversario, o noso centro de interese CienciaPro cumpre tres anos! A ciencia é a explicación para todo… ou case todo… ofrécenos solucións para os desafíos e porqués da vida cotiá e tamén axúdanos a responder aos grandes misterios da humanidade. Noutras palabras, é unha das vías máis importantes de acceso ao coñecemento. O 11 de febreiro celébrase “ O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia”, foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr a igualdade na ciencia para as mulleres. Todas e todos temos que ter referentes para a profesión á que nos queiramos dedicar independentemente do xénero.

Aquí podedes ver algunhas das mostras bibliográficas que realizamos nestes tres anos: “A muller na ciencia, a muller na escrita” , “Mary Shelley, construindo un monstro” , “Sucando a ciencia”, “O universo“, “Químicas elementais“… desde a biblioteca Forum xeramos sinerxias para crear esa ponte de unión entre os libros e a cultura científica.

O científico ou científica do mes é unha pequena escolma de libros acompañados de información relacionada, que fixemos durante o ano 2021, na cortiza do centro de interese.

Este ano como novidade creamos, O que tal fixo! no que destacamos un invento ou feito tecnolóxico e a súas consecuencias nas nosas vidas.

En CienciaPro buscamos a unión entre as letras e as ciencias sen necesidade de escoller un bando. Soñamos con viaxar ao pasado, percorrer o presente e imaxinar o futuro. SomosPro!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: