Festa das letras para os clubs de lectura infantís!


O xoves 31 de marzo  para festexar o  día do Libro Infantil e Xuvenil, dentro do festival de Primaletras, os clubs de lectura Infantís das Bibliotecas Municipais reuníronse por vez primeira nun encontro co mestre e poeta, gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Antonio García Teijeiro.

Un acto arredor do pracer de ler e compartir lecturas, cun eixo central, a POESÍA, o amor pola escrita das emocións e os sentimentos. Poidemos escoitar a Antonio recitar, contar apaixoadamente como é ese proceso de chegar a escribir poesía, de como a poesía significou un cambio na súa vida e como pode selo para calquera lector.

Os nenos e nenas deron a coñecer ós clubs a través da súa mirada, unha mirada de agarimo cara a lectura, de desfrute das palabras compartidas, da musicalidade e armonía dos textos e do xogo arredor dos libros.

Para preparar o encontro con Antonio as rapazas e rapaces leron algúns dos seus libros (No xardín do poeta, Un rato díxolle a lúa, Poemar o mar…), ilustraron varios poemas, crearon as suas propias rimas e incluso recitaron. Unha xornada chea de emocións por amosar o seu traballo, por coñecer máis do grande poeta e por estar a compartir por vez primeira todos xuntos experiencias.

Deixámosvos aquí o Flirck das Bibliotecas coas imaxes do encontro e do traballo dos clubeiros e clubeiras do Club Miúdo, do Club de Mesoiro e de Obxectivo Bibliotk.

E como non, unha escolma do traballo de Antonio García Teijeiro que podedes atopar nas bibliotecas para que gocedes dos seus versos, xa sabedes que podedes atopar máis das súas obras no Catálogo das Bibliotecas:

Esta é unha pequeña mostra de todo o que se fai nos clubs de lectura, se tedes ganas de participar ou descubrir como é pertencer a un dos nosos clubs non tedes máis  que achegarvos a vosa biblioteca de referencia e preguntar.

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑