Xogar “ao diferente” · Xogar coas palabras

Vivimos nunha sociedade cambiante, na que existen fluxos migratorios que fan que a nosa comunidade sexa diversa en canto á cultura, raza, etnias… É preciso que dende idades temperás exista unha educación na diversidade, no respecto, na comprensión entre grupos culturais diferentes. A nosa labor como biblioteca é, en primeiro lugar, facer palpable a diferenza... Seguir lendo →

BEBESCENA: AZUL non é só unha cor

“Azul é teatro, azul é música, azul é maxia, azul é imaxinación, azul é movemento, azul é linguaxe… Voilá! AZUL é outra forma de estimulación temperá creativa, motivadora e diferente” Así é como define Teloncillo, compañía teatral encargada de clausurar o programa BEBESCENA deste 2015, a obra que se representará o próximo domingo 13 de decembro... Seguir lendo →

“Imprescindibles” nas lecturas miúdas

Mesturamos contos, arte e natureza para celebrar o Día da Biblioteca! O pasado sábado, 24 de Outubro, quixémoslle rendir unha pequena homenaxe á biblioteca e a todas aquelas persoas que a fan posible. Como vehículo, o desfrute dunha actividade de promoción lectora baseada na creatividade. Amosamos a ilustración como método de aprendizaxe para traballar a... Seguir lendo →

BEBESCENA + EXPRESIÓN CORPORAL

Apetécevos xogar nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións? Ou voar con dous paxariños pequeniños que chían para descubrir o mundo a través das cancións? Imaxinádesvos viaxando nun sofá-tren ou nunha alfombra-espello? Non hai moito que compartimos neste blog a apertura do programa BEBESCENA: unha achega “miúda” ás Artes... Seguir lendo →

READ & PLAY lecturas divertidas

Libros durante o verán? Sen dúbida, unha excelente opción para manter as destrezas de lectura e a imaxinación ocupada durante o descanso escolar. Accións como xogar, crear ou simplemente comunicarse a partir dun conto, axúdannos a gozar da lectura e incorporala como un hábito na nosa rutina diaria. Dende a Biblioteca Municipal Ágora presentámosvos “Read... Seguir lendo →

“Pas de Deux” cun flamengo

Non é a primeira vez que a Biblioteca Municipal Ágora quere rendirlle homenaxe ao Día Internacional da Danza. De feito dende o comezo da nosa andaina, aló polo 2012, incidimos nun concepto amplo da danza apostando por esta disciplina artística dende un punto de vista participativo e divulgativo. Mostras bibliográficas, obradoiros de danza creativa de 0... Seguir lendo →

I Xornadas sobre Atención e Aprendizaxe

Co obxectivo de estudar as diferentes etapas evolutivas do/a neno/a ata a etapa de lateralización, aclarar as dúbidas que existen en torno á importancia da lateralidade e o seu diagnóstico, o centro de psicoloxía Attendere organiza as I XORNADAS SOBRE ATENCIÓN E APRENDIZAXE. Estas xornadas, dirixidas a nais, pais, educadoras/es e profesionais dos ámbitos do desenvolvemento... Seguir lendo →

Unha achega ao “diferente”

É un feito que vivimos nun mundo globalizado, rodeados dun enorme abano de culturas que se mesturan para conformar unha identidade heteroxénea. Pero tamén é unha realidade que formamos parte desa grande diversidade, incluídos os nosos bebés, e percibímola no día a día: falando na escola, xogando no parque ou camiñando polo barrio. É importante... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑