Jo Lodge é unha autora e ilustradora de sobra coñecida nas bebetecas de Coruña. Quizais polo nome non a lembrades, mais é a creadora dun crocodrilo que nos ten visitado en numerosas ocasións... O Señor Coc é unha das personaxes pioneras das sesións de Bebeteca das Bibliotecas Municipais. De primeiras coñecimos a súa casa, máis... Seguir lendo →
Bebés y literatura…¡qué bella aventura!.Bbencontro Os Rosales 28 Noviembre
Bienvenidos a esta bella aventura... ¡bebés y literatura! Queremos agradeceros el interés y la confianza que habéis depositado en el programa dirigido a vosotros, padres y madres que sentís la necesidad de guiar a vuestros hijos en su itinerario como lectores. La familia es el entorno ideal para crear ambientes favorables a la lectura y... Seguir lendo →
Bebencontros de novembro na Bebeteca Forum
No mes de novembro pasamos dúas tardes de conto cos máis pequenos. O sábado 14 Beba agardaba na Bebeteca do Forum Metropolitano a Martín, Noa, Manuel, Miguel, Martina, Diego e Valeria, con contos, música e poesía, xogos e cancións; e, o sábado 28, a Max, Celtia, Sofía, Laura, Julia e ao máis pequeño, Guillermo, que,... Seguir lendo →
Rumble rumble…in the jungle!
Barullo, liorta, rumor, algarabía, bulla, rebuldaina, rebumbio... Todos estes e máis son sinónimos da primeira palabra que da título a este post. Ás veces nós memxs podemos desfrutar da cantidade de sinónimos que contamos na nosa lingua para designar un concepto, tanxible ou intanxible, concreto ou abstracto, pero que sen dúbida pertence á nosa propia... Seguir lendo →
Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil
Un ano máis, na Biblioteca Infantil e Xuvenil invitamos aos máis pequechos a pasar as tardes de sábado entre libros, os seus protagonistas e cancións que acompañan. Coma sempre intentamos que os futuros novos lectores pasen uns momentos agradables e divertidos na biblioteca, onde, a través da estimulación temperá e nutrindo a súa contorna, axudamos ao desenvolvemento... Seguir lendo →
Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Forum
Érase unha vez... Unha ratiña moi presumida… deste modo comezamos o pasado 17 de outubro os Bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Da man deste conto clásico ilustrado por Chantal Vizcaino e doutras historias. Despertamos a curiosidade dos bebés musicando o conto: Un caracol? de Guido Van Genechten, no que ao ir despregando, o caracol da... Seguir lendo →
“Imprescindibles” nas lecturas miúdas
Mesturamos contos, arte e natureza para celebrar o Día da Biblioteca! O pasado sábado, 24 de Outubro, quixémoslle rendir unha pequena homenaxe á biblioteca e a todas aquelas persoas que a fan posible. Como vehículo, o desfrute dunha actividade de promoción lectora baseada na creatividade. Amosamos a ilustración como método de aprendizaxe para traballar a... Seguir lendo →