Bebencontro na Bibliotea Infantil, 19 de decembro

Unha tarde máis na Biblioteca Infantil nenos, nenas, mamás, papás e avoas gozaron do ritmo, das verbas e dos xogos, cos que recoñecemos as partes do noso corpo e como poden moverse. Pablo, Naiara, Leo,  Nico, Alejandra, Leo, Iago, Juan, Sabela e os seus papás e mamás aprenderon que cos movementos dos animais podemos facer... Seguir lendo →

Reparto de entradas para os Bebencontros dos días 19 e 21 de decembro

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de entre 0 e 12 meses Sábado 21 de decembro, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) Sábado 21 de decembro, ás 11 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (15 prazas, compartidas co seguinte tramo de idade) Para bebés de 13 a 24 meses Xoves 19 de decembro, ás 18... Seguir lendo →

Bbencontro da Biblioteca Infantil o 21 de novembro

Outro día máis, bebés e familias gozaron na Biblioteca Infantil e Xuvenil  dunha nova sesión de Bebeteca adicada aos máis pequenos, de 0 a 12 meses. Nesta ocasión Claudia, Emma, Sofía, Cristina, Nicolás, Víctor, Daniella, Andrés e Solomon aprederon novas cancións, retahilas, onomatopeias, conceptos e xogos  de man do Señor Coc, a súa granxa e... Seguir lendo →

Reparto de entradas para os Bebencontros do xoves 21 e sábado 23 de novembro

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 0 a 12 meses Xoves 21 de novembro, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas) Sábado 23 de novembro, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) Para bebés de 13 a 24 meses Sábado 23 de novembro, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) Os... Seguir lendo →

Xa están aquí os Bbencontros para nenos de 13 a 24 meses!

O pasado xoves na Biblioteca Municipal  Infantil e Xuvenil tivemos o noso primeiro bbencontro con nenos e nenas de 13 a 24 meses. Gozamos todos xuntos: Claudia, Clara, André, Iago, Xiana, Sergio, Sabela, Sofía, Hadrián, Adela e as súas mamás, papás e algúns avós e avoas. Coñecemos ao pequeno Edu co libro " ¿Qué esconde... Seguir lendo →

Reparto de entradas para o Bbencontro do xoves 7 de novembro

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 13 a 24 meses Xoves 7 de novembro, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas) Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu... Seguir lendo →

Comezamos os Bbencontros na Biblioteca Infantil!

O xoves pasado, na Biblioteca Infantil e Xuvenil tivemos o noso primeiro encontro cos máis pequenos da familia bibliotecaria, nenos e nenas de 0 a 12 meses, moi espertos e con moita fame de contos e novas experiencias. Gozamos todos xuntos: Román, Sofía, Mael, Adela, Carla, Antón, Emma e as súas familias. Coñecemos A casa... Seguir lendo →

Reparto de entradas para as próximas sesións de bebeteca en Ágora, Infantil e Os Rosales

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de entre 0 e 12 meses Xoves 24 de outubro, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil Sábado 26 de outubro, ás 11 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales Sábado 26 de outubro, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora Para bebés de 13 a 24 meses... Seguir lendo →

Bbencontros 2013-2014

Un outono máis as nosas Biblioteca Municipais  poñemos en marcha o noso programa  adicado os nosos pequenos lectores, os Bbecontros, xa temos a programación para este ano. Como bibliotecas públicas  que somos brindamos aos nenos a oportunidade de experimentar o desfrute da lectura e a emoción de descubrir o coñecemento e as creacións da imaxinación. Aos pequenos... Seguir lendo →

Todo un mundo de emocións na Biblioteca Infantil e Xuvenil

O xoves pasado, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, pequenos e maiores desfrutamos dunha tarde chea de aloumiños, contos, cóxegas e cancións. Coñecimos a Mauro, o protagonista do conto "Mauro necesita un abrazo" de David Melling; e aprendimos con "Todos los mimos" de Alex Sanders, que os animais tamén se queren moito.

Xa somos 4 bebetecas!

Xa vedes que nas Bibliotecas Municipais empezamos a quencer motores para darlle forma a toda a actividade relacionada coas Bebetecas que temos preparada para este curso. O luns publicamos info dos Nanocontos na Biblioteca Fórum e o xoves de Todo un mundo de emocións na Infantil e Xuvenil. Hoxe queremos adiantarvos que na Biblioteca de Ágora e... Seguir lendo →

Charo Pita encheunos de Bicos con leite

A semana pasada a escritora e grande contadora de contos, Charo Pita,  achegouse á Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil a agasallarnos cunha chea de historias e cancións para os máis pequenos e as súas familias. Disfrutamos dunha tarde chea de bicos, aloumiños e risas na actividade "Bicos con leite". Aqui vos deixamos unha mostra en... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑