O pasado xoves na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil tivemos o noso primeiro bbencontro con nenos e nenas de 13 a 24 meses.
Gozamos todos xuntos: Claudia, Clara, André, Iago, Xiana, Sergio, Sabela, Sofía, Hadrián, Adela e as súas mamás, papás e algúns avós e avoas.
Coñecemos ao pequeno Edu co libro ” ¿Qué esconde el pequeño Edu? ” de Linne Bie, quen nos descubriu todas as partes da nosa cara. Con Edu aprendemos que hai cabezas redondas, ovaladas…. que as orellas oen todo, que nos pode picar o nariz…
Ademais aprendemos novas cancións, que a cara é o espello da alma e podemos mostrar aos demais o que sentimos coas nosas expresións faciais, puxemos cara de pirata e de susto.
Xa nos tarda volver reunirnos todos xuntos e descubrir novas cousas no noso recuncho da biblioteca.
Se queredes comprobar o ben que o pasamos só tedes que pasarvos polo Flickr das Bibliotecas Municipais.
Agardámosvos nas seguintes sesións!
gracias paseino moi ben!!!
HADRIAN!!
Moitas grazas. Foi unha tarde de xoves moi divertida… co nariz, nariz, nariz!
Grazas Hadrián!!!, Grazas Xiana!! por compartir con nós e co pequeno Edu unha tarde contiños e cancións. Esperámosvos no vindeiro bebencontro