Esta pasada semana celebramos nas bibliotecas a campaña “Un libro a carón de ti: festa do libro 2023”, arredor da efeméride do Día do Libro, o 23 de abril. Comezamos a festa o luns 17 de abril con mostras e soltas de libros, que se estenderon ao longo de toda a semana. Nestas actividades, os... Seguir lendo →
Celebramos o día do libro infantil e xuvenil
Un 2 de abril de 1805 nacía o escritor danés Hans Christian Andersen, famoso polos seus contos infantís. En 1967 a International Board on Books for Young People (IBBY) elixiu esta data para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. As Bibliotecas Municiapais da Coruña con motivo deste día tan sinalado para nós,... Seguir lendo →
De como o monstro do Samaín se papou ao monstro de Halloween
O mes de outubro ata o de agora adoitaba chegar ao seu fin acompañado da palabra Halloween, unha derivación da expresión inglesa All Hallow's Eve que quere dicir "Véspera do Día dos Santos". Atrás quedaban as antigas tradicións dos pobos celtas onde se celebraba unha gran festa para conmemorar “o final da colleita", o Samaín.... Seguir lendo →
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2021
O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil concidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O IBBY promove dende 1967 esta celebración coa fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Cada ano, unha sección nacional do IBBY... Seguir lendo →
3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O 3 de decembro festéxase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Lonxe de querer entrar en debates en canto a terminoloxía, en moitos casos prefírese falar de diversidade funcional pola visión positiva que supón (son “capacidades diferentes”, non limitacións nin deficiencias). Pero aquí a cuestión non é ser políticamente correctos. A nosa verdadeira implicación... Seguir lendo →