Escoita en galego

Baixo o lema "Sinte en galego: Letras Galegas 2023", as Bibliotecas Municipais da Coruña queremos convidar á veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades, a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19, onde o galego será o epicentro da festa. As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e a literatura,... Seguir lendo →

LEAMOS O BAILADO

"A danza comparte coa poesía, entón, a súa materia rítmica e sobre todo os efectos emocionais do ritmo sobre o corpo: pero, como unha síncope, unha coma, unha aposición, unha estrutura sintáctica determinada, poderían emocionarme? A emoción -dille a danza á literatura- é unha sintaxe corporal, un corpo articulado no tempo e nas tres dimensións do espazo" Paul... Seguir lendo →

Boas Festas!

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña desexámosvos unhas moi Boas Festas! Agardamos vervos o máis axiña posible para o vindeiro ano que entra, e que veña cargadiño de libros e Bbencontros! (ademais de saúde e amor!) https://videopress.com/v/MhVTvBqn?resizeToParent=true&cover=true&preloadContent=metadata Querémosvos recomendar unha serie de lecturas para as e os máis peques da casa, recomendacións que podedes levar... Seguir lendo →

Contos e Entroido

Cando as/os nenas/os xogan a disfrazarse viven as súas historias imaxinarias coma se fosen realidade. Un xogo simbólico que é moi  importante, pois a/o nena/o desempeña outros roles imitando situacións que observa na vida real. Trátase dunha actividade que ademáis de para pasalo ben, serve para estimular a súa creatividade, imaxinación, intelixencia e, tamén, amplían... Seguir lendo →

Viaxar en familia, unha fermosa experiencia

Viaxar en familia é unha experiencia que vai enriquecer tanto aos máis pequenos como aos adultos. Vai permitir fortalecer os vínculos entre pais e fillos, desenvolver a imaxinación e crear un pouso de coñecementos na memoria. Viaxar desde unha idade temperá conleva aprender a respectar aos demais, abrir a mente, practicar a tolerancia, respectar a... Seguir lendo →

A bailar!

A música é un medio de expresión universal, transmite emocións, fomenta a memoria, a atención e a concentración, e ademáis é un goce marabilloso, a quen non lle gusta a música? E se escoitala aporta tantos beneficios dende a infancia, deixarse levar por ela e bailar ten aínda máis beneficios.  Bailar axuda a canalizar a... Seguir lendo →

Radio BuleBule na Biblioteca da Sagrada Familia

Paco Nogueiras vén presentar o próximo 4 de outubro na Biblioteca Sagrada Familia, "Radio Bulebule", o seu novo traballo despois de "Brinca vai!" (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación como libro-CD-DVD deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda... Seguir lendo →

A música ocupa un lugar destacado nas bibliotecas

Hai uns días convidabámosvos, a grandes e a pequenos, á Biblioteca Os Rosales a gozar da experiencia da boa música en directo. No momento que Silvia Penide e Carla López entraron pola porta, a maxia chegou. As emocións foron xurdindo, a música, as palabras, as voces, as miradas, os sorrisos… Desde o principio da actuación... Seguir lendo →

Silvia Penide e Carla López. Bbencontro Os Rosales 26 de maio.

As familias participantes con nenos e meniñas ata os 3 anos gozarán a música ó vivo dá man cantante Silvia Penide e a musicoterapeuta Carla López. Vivir os primeiros concertos cos teus fillos, sobriños ou netos é sempre divertido, á vez que grandes e pequenos gozarán por igual da experiencia da boa música en directo.... Seguir lendo →

Prende no colo: obradoiro didáctico

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do Programa Apego, organiza un obradoiro didáctico "Prende no colo" o vindeiro 10 de maio (17 h.) para familias con crianzas de 0 a 3 anos da man do músico, bailador e profesor de música e baile tradicional, Luís Prego. PRENDE NO COLO é o título... Seguir lendo →

Recursos Bebencontros Biblioteca Fórum 2: os sentidos

Como sabedes, as nosas sesións de Bbencontros na Biblioteca Fórum están cheas de momentos nos que se suceden diferentes estímulos como os sons, a palabra, as luces, as imaxes, o silencio, favorecendo o encontro do bebé co libro, espertándolle todo un mundo de sensacións. Dentro dos recursos que empregamos habitualmente temos: Os susurradores: son tubos de cartón... Seguir lendo →

O pranto

O pranto é a primeira forma de comunicación do bebé, con el expresa as súas emocións e comunica as súas necesidades ou o seu malestar: fame, soño, medo, tristeza, tensión, dor ou molestias. Todos os seus sentimentos e sensacións negativas váinolas comunicar mediante o pranto e os berros. Aínda que o pranto ten un patrón... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑