Para conmemorar o día mundial do teatro (27 de marzo) e dentro do festival literario das Bibliotecas "Primaletras" o xoves 31 de marzo ás 19:00 temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano “O xogo dramático” , impartido polo actor Ramiro Neira de Artestudio. Trátase dun Obradoiro de teatro para nenos e nenas de 8 a 12 anos onde mediante xogos realizaranse dinámicas arredor... Seguir lendo →
Festa final “Contos do chupete” con Migallas Teatro na Biblioteca Infantil
Como facer que adultos e pequechos queiran máis contos, máis festa e máis biblioteca? Pois con música, con risas e moitos moitos libros. Todo iso foi posible co grupo Migallas, na festa final dos Bebencontros que a Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga) preparou para despedirse desta volta. Dende outubro disfrutamos na Bebeteca de Durán Loriga... Seguir lendo →
Avoa Youja: “O aloumiño dunha estrela”. Bbencontro Os Rosales 14 maio.
"Se estarricamos moito os brazos, moi lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, ¿non si?..." O programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, traénos o próximo sábado 14 de maio ás 11h un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales da man de Fran Buceta e a Marta Faílde... Seguir lendo →
BEBESCENA: AZUL non é só unha cor
“Azul é teatro, azul é música, azul é maxia, azul é imaxinación, azul é movemento, azul é linguaxe… Voilá! AZUL é outra forma de estimulación temperá creativa, motivadora e diferente” Así é como define Teloncillo, compañía teatral encargada de clausurar o programa BEBESCENA deste 2015, a obra que se representará o próximo domingo 13 de decembro... Seguir lendo →
BEBESCENA: peixes + palabras de mel
Ás veces penso... como era eu cando fun peixe? Con esta frase remata o tráiler de "peZes", un poema escénico que reflexiona sobre a orixe da vida contado a través da auga. A compañía Ultramarinos de Lucas, recentemente galardoada co Premio Nacional das Artes Escénicas para a Infancia e Xuventude 2015, é a encargada de... Seguir lendo →
BEBESCENA + EXPRESIÓN CORPORAL
Apetécevos xogar nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións? Ou voar con dous paxariños pequeniños que chían para descubrir o mundo a través das cancións? Imaxinádesvos viaxando nun sofá-tren ou nunha alfombra-espello? Non hai moito que compartimos neste blog a apertura do programa BEBESCENA: unha achega “miúda” ás Artes... Seguir lendo →
Avoa Youja. Soñei que era unha árbore. Bbencontro Os Rosales 12 de abril
O próximo sábado 12 de abril ás 11h terá lugar un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales. Unha vez máis achegaremos os máis pequenos e as súas familias, á música en vivo e en directo e á maxia do teatro. Hai un tempo tivemos a oportunidade de coñecer a Fran Buceta e a Marta... Seguir lendo →
Resumo dos “Contos do Aviador” na biblioteca de Monte Alto.
O pasado xoves 8 de novembro, na bilioteca de Monte Alto, tivemos unha tarde moi moi especial: un peculiar aviador emprende unha accidentada viaxe onde atopará novos amigos que lle contarán unhas historias moi divertidas. Tódolos nenos estiveron moi atentos as aventuras do noso aviador, que coas sombras chinesas, os monicreques, a marabillosa música de fondo... Seguir lendo →