Remataron as festas e tocou voltar ó cole e á biblioteca para cantar coas bibliotecarias e escoitar contos. Estes días quizais nos atopemos máis sensibles do normal; sen dúbida, a volta á rutina non sempre nos senta ben. Hai quen di que con abrazos todo se leva un pouquiño mellor e en CantoConto! fixemos a proba.... Seguir lendo →
Live · Love · Green
"O segredo é não correr atrás das borboletas... É cuidar do jardim para que elas venham até você” Mário Quintana E co desexo de que esas bolboretas cheguen até ao noso xardín plantexamos: MUNDO VIVO... PASAPORTE Á NATUREZA! Mundo vivo é unha escolma de contos infantís que ten por obxectivo espertar o interese pola natureza... Seguir lendo →
CantoConto!:Xogamos
En CantoConto! estamos moi emocionados polas datas nas que nos atopamos; durante estes días preparamos a chegada do Nadal, e con el as vacacións e o tempo para estar en familia. Alégranos poder aproveitar este tempo de lecer para descansar, ler, escoitar música, xogar... Falamos dos nosos xogos e xoguetes favoritos, escoitamos atentamente o... Seguir lendo →
Agasalla cun conto
O pasado mes de novembro tivemos a segunda sesión dos Bebencontros da Biblioteca Forum. Como é xa habitual, os contos clásicos estiveron presentes en cada unha das sesións. Nesta ocasión adaptamos “Caperucita roja” e “Los tres cerditos” e introducimos melodías para acompañar a narración. Tampouco faltaron os animais nas historias que contamos, como por exemplo,... Seguir lendo →
CantoConto!: “Con ton e son”
En CantoConto! somos unhas apaixoadas dos contos, pero tamén da música, por iso quixemos celebrar con vós o día de Santa Icía, a patrona da Música e da Poesía. Nesta sesión non faltaron contos, música, baile e instrumentos musicais! "Levantamos o telón" co conto "Violín" de Antonio Rubio e o ilustrador galego Óscar Villán, cos que coñecimos o... Seguir lendo →
CantoConto!: “Trasnadas”
Estos días en CantoConto! portámonos un pouquiño mal: fomos algo remexedoras e falcatrueiras, gastando bromas e sen facer caso á compañeira. Vamos, que estabamos de "non". Igualiño que o protagonista do primeiro conto da tarde: "¡Más te vale, mastodonte!", de Micaela Chirif e ilustrado por Issa Watanabe. Unha historia moi divertida sobre unha mascota moi peculiar... Seguir lendo →
Concerto “Fíos do querer” para público de 1 a 5 anos
O próximo martes 22 de novembro terá lugar o concerto "Fíos do querer" na Biblioteca de Monte Alto. Para nenos e nenas de 1 a 5 anos.
Contamos coas mans
Coa chegada do mes de outubro, mes de magostos, de castañas, de follas caídas, de cores ocres… comezamos os bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Os sábados 15 e 29 tivemos na bebeteca uns convidados moi especiais xunto coas súas familias. Todos xuntos contamos e cantamos coa boca e coas mans, porque narrar coas mans é... Seguir lendo →
CantoConto! Andanzas…
Xa chegou o momento de contar e cantar historias para os máis pequenos da casa, CantoConto! está de volta e abrimos a tempada 2016-17 con Andanzas. Acaba de rematar o verán e quen máis, quen menos, desfrutou dalgunha aventura durante as vacacións. Non ían ser menos os nosos protagonistas e nós non podíamos quedar sen contárvolas.... Seguir lendo →
Os esqueletos visitan a Bebeteca Ágora
Conta a lenda celta que, fai moitos anos, na noite do día de defuntos, os espíritos dos mortos camiñaban ceibes polo noso mundo, mentres os vivos gozaban dun gran banquete. Era a noite do Samaín. A tempada de colleitas chegaba ao seu fin e dábase a benvida ao escuro inverno. Este ano os espíritos decidiron... Seguir lendo →
… unha achega ás estrelas!
"Pregúntome se as estrelas estás acendidas coa fin de que cada un·ha poida atopar a súa algún día" - O Principiño (Saint- Exupéry) Din que cada noite, o Sol se pon máis aló do horizonte e que os últimos raios pintan o ceo con infinidade de cores. Tamén din que cando chega a noite, esas cores dan... Seguir lendo →
Comezamos os bebencontros nas Bibliotecas Municipais da Coruña
Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2016-2017 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura... Seguir lendo →